InicioEconomíaA Deputación destina 300.000 euros a medio centenar de entidades para melloras...

A Deputación destina 300.000 euros a medio centenar de entidades para melloras nos servizos do rural

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xunta de goberno aprobou este martes a lista de 51 asociacións da provincia que resultaron beneficiarias do Programa para a Dotación e Mellora de Servizos Comunitarios, unha liña de axudas dotada con 300.000 euros, para mellorar o rural a través de diferentes obras.

En concreto, os colectivos poden acometer actuacións como o arranxo de camiños e accesos, rehabilitación de fontes, reparacións en lavadoiros ou sistemas de abastecemento, así como acondicionar locais sociais e comprar de mobiliarios, entre outras obras de humanización e accesibilidade.

Por outra banda, a vicepresidenta do Consello Provincial de Turismo, Pilar García Porto, presidiu a última reunión de 2023 deste ente, onde valorou que a Deputación consolida o seu modelo turístico na provincia con medio centenar de accións este ano. Así, avoga por seguir este modelo “de calidade, sustentable, non masificado e atractivo”.

OUTROS ACTOS

Así mesmo, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, recibiu este martes ao piloto de motos monfortino Eduardo Igrexas, ao que a institución provincial achegará 15.000 euros en apoio para participar no Rally Dakar 2024, que se celebrará do 5 ao 19 de xaneiro en Arabia Saudita.

Noutra orde de cousas, o presidente provincial inaugurou en San Marcos un taller práctico sobre prevención e xestión de conflitos de interese no campo local, organizado pola Deputación e o Consello de Contas.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...