InicioEconomíaDenuncias de "saturación" das urxencias no HULA, con pacientes esperando 20 horas...

Denuncias de “saturación” das urxencias no HULA, con pacientes esperando 20 horas por unha cama

A CIG criticou que na actualidade hai 12 pacientes pendentes do seu ingreso ou de pasar a observación, xa que este servizo tamén está a ter problemas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O sindicato CIG-Saúde denunciou a “saturación” do servizo de urxencias do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo (HULA), alertando da existencia de pacientes que esperan máis de 20 horas por unha cama.

Nun comunicado, a organización sindical criticou que na actualidade hai ata 12 pacientes pendentes do seu ingreso ou de pasar a observación, xa que este servizo tamén está a ter problemas ao non poder ingresar en planta ás persoas que xa non teñen que estar alí.

“A maioría deles chegaron a urxencias este luns entre as 21.00 e as 24.00 horas, pero hai unha persoa que está a esperar unha cama desde as 16.30 horas do luns”, criticou a CIG pasadas xa as 12.00 horas deste martes.

O sindicato asegurou que na actualidade hai unha planta de hospitalización na que só hai 10 pacientes, “e non se poden ingresar máis porque non desbloquean o resto de camas”, engadiu, lembrando que a CIG leva semanas denunciado esta situación.

“Os pacientes, unha vez máis, están a ser vítimas destas políticas e os traballadores saturados sacando o traballo como se pode”, subliñou, esixindo unha solución urxente.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...