InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo alerta: continúa a estafa sobre supostos controis de...

O Concello de Lugo alerta: continúa a estafa sobre supostos controis de auga en vivendas

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo volveu a alertar de que continúan as posibles estafas de supostos traballadores municipais que realizan controis de auga en vivendas.

Foi a finais de novembro cando o goberno local informou dunha posible estafa tras recibir comunicación por parte de Gestagua –empresa encargada da planta potabilizadora– de que varios cidadáns se puxeron en contacto telefonicamente para alertar de que “comerciais dunha compañía contratada polo Concello” visitaron os seus domicilios para realizar tomas de mostras da auga de consumo e tomar todo tipo de datos relativos aos residentes.

Unha vez máis, o edil de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández, advertiu de que “en ningún caso, o Concello, nin a empresa Gestagua, son responsables desta campaña”. “Os controis analíticos preceptivos levan a cabo de acordo coa normativa vixente por parte dunha empresa acreditada a tal fin e en ningún caso tómanse mostras dentro de domicilios particulares, moito menos sen a debida acreditación da identidade”, avisou.

A administración local alerta á cidadanía “para que tomen as debidas precaucións e impedir a entrada no seu domicilio a estes falsos representantes”. O concelleiro lembra que “por actuacións similares no pasado podería tratarse de empresas comercializadoras de equipos de depuración domésticos”. O “modus operandi” das mesmas consiste en tomar mostras, que someten a unha falsa análise, consistente en enturbar a mostra e convencer ao usuario da necesidade de adquirir o correspondente equipo de depuración, que ten un alto custo, sen ser necesario.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...