InicioSucesosInterceptan en Lugo a un home circulando sen permiso de condución

Interceptan en Lugo a un home circulando sen permiso de condución

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou este luns a un home que circulaba pola cidade e que carecía de permiso de condución.

Segundo informaron, sobre as 14,00 horas, unha patrulla da Policía de Barrio na Rolda da Muralla detectou a un condutor que circulaba de maneira irregular. Tras darlle o alto, comprobaron que o home carecía de permiso de condución, xa que nunca o obtivo. Instruíronse dilixencias por un delito contra a seguridade viaria.

Así mesmo, na madrugada deste martes rexistrouse un accidente de tráfico na rúa Cotón de Arriba. O condutor dun turismo perdeu o control do mesmo e saíuse da vía, chocando contra un muro de peche dunha leira. O condutor foi sometido ás probas de alcoholemia, dando un resultado negativo.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...