InicioLugo e contornaLugoO lucense Antonio de Ron, distinguido co 'Meritorius Service Award' dunha insitución...

O lucense Antonio de Ron, distinguido co ‘Meritorius Service Award’ dunha insitución dos EE.UU.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Antonio de Ron Pedreira (Lugo, 1952), profesor vinculado ‘ad honorem’ do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) na Misión Biolóxica de Galicia (MBG), foi distinguido co ‘Meritorius Service Award’ de Bean Improvement Cooperative (BIC), institución creada en 1957 con sede en Estados Unidos e cuxo labor é promover o intercambio de información acerca das investigacións sobre a xudía común.

Na actualidade, o BIC está integrada por máis de 300 científicos de diferentes países de todos os continentes, con predominio de América, especialmente Estados Unidos, que teñen en común o desenvolvemento de investigacións sobre diversas cuestións relacionadas coa xudía, o primeiro cultivo proteico para alimentación humana, que é vital na dieta en África, Centro de América e China. En España é actualmente un produto fundamentalmente gourmet limitado a Denominacións de Orixe.

Cada ano, durante un encontro que se celebra en Estados Unidos ou Canadá, a entidade outorga varios recoñecementos entre os seus socios: Meritorious Service Award, a quen demostrase contribucións notables en investigación nunha prolongada traxectoria; Achievement Award, a persoas con menos de 15 anos de traxectoria científica con achegas destacadas; Technical Merit Award, por apoio en investigacións ao longo dunha carreira técnica, e Frazier-Zaumeyer Distinguished Lectureship, para honrar a quen contribuíse significativamente á investigación nos últimos anos.

De Ron é doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela e experto universitario en Métodos Avanzados de Estatística Aplicada pola Universidade Nacional de Educación a Distancia. Vinculado ao CSIC desde 1983, a súa carreira científica sitúase na MBG, onde fundou os grupos de Leguminosas (1988) e Bioloxía de Agrosistemas (2013).

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...