InicioSociedadeA provincia de Lugo desprega 112 operarios e 64 máquinas para garantir...

A provincia de Lugo desprega 112 operarios e 64 máquinas para garantir a seguridade viaria este inverno

Para as cinco grandes nevadas que se produciron o ano pasado na provincia necesitaron 820 toneladas de sal e mobilizar 16 quitaneves, 32 'pick up' e 64 operarios. Así mesmo, actuaron durante 20 días por fortes xeadas con seis máquinas diarias e 12 operarios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou o plan de viabilidade invernal para esta tempada de 2023-2024. O dispositivo divídese en oito zonas xeográficas e está composto por 112 operarios e 64 máquinas, ademais de 420 toneladas de sal de mina. A institución ten contratadas oito empresas para labores de conservación e mantemento “co fin de facer fronte coa maior eficacia e rapidez posibles ás incidencias que poidan provocar as inclemencias meteorolóxicas nos 4.217 quilómetros de estradas provinciais en Lugo”, expuxo José Tomé, que asegura que a provincia lucense é a máis “extensa” en estradas.

Dos 4.217 quilómetros de estradas, o presidente, nun acto en Castroverde, apuntou que a metade ten un “maior risco” de sufrir incidencias por causas meteorolóxicas, dado que se sitúan a 600 metros sobre o nivel do mar. O presidente da Deputación tamén se referiu aos orzamentos para o 2024, que aprobou esta semana o pleno do organismo provincial e que, segundo Tomé, destinan 20 millóns de euros a “obras novas, a melloras, conservación e mantemento e tamén ás rozas das vías provinciais”.

BALANCE DA TEMPADA ANTERIOR

A través dun comunicado de prensa, a Deputación traslada un balance da tempada anterior a partir dos datos do servizo de xestión territorial, os cales se traducen nunha “maior actividade” do operativo nos meses de decembro e xaneiro, cando se produciron cinco episodios de fortes nevadas. Segundo a Deputación, para estas nevadas necesitaron 820 toneladas de sal e mobilizar 16 quitaneves, 32 ‘pick up’ e 64 operarios. Así mesmo, actuaron durante 20 días por fortes xeadas con seis máquinas diarias e 12 operarios.

ÚLTIMAS

A Xunta denega a autorización ambiental ao proxecto da planta de biometano en Coeses

A Dirección Xeral de Calidade e Ambiental e Sostibilidade, dependente da Consellería de Medio Ambiente...

Detida en Lugo unha muller que ameazaba a viandantes cun coitelo carniceiro

A Policía Local de Lugo detivo na madrugada do pasado sábado a unha muller que portaba un...

O novo xefe da comandancias de Lugo, ante o reto de “seguir profundando nunha provincia segura”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, recibiu aos novos xefes das comandancias de...

As obras na catedral de Lugo revelan un tramo dunha cloaca romana

Os traballos que a Xunta de Galicia realiza na Catedral de Lugo revelaron un...