InicioLugo e contornaLugoO partido entre o Breogán e o Hapoel israelí que vai máis...

O partido entre o Breogán e o Hapoel israelí que vai máis aló do deporte

Lugo por Palestina lamenta que a presenza deste equipo altere a "convivencia pacífica" da cidade que vai sufrir "unha blindaxe policial" por mor do encontro. 

PUBLICADA O

- Advertisement -

Estado de Israel segue cometendo un xenocidio en Gaza e a plataforma Lugo por Palestina pronúnciase sobre o encontro de baloncesto que enfronta mañá ao CB Breogán contra o equipo israelí Hapoel Holon B.C no partido da Champions. “Neste contexto, é inevitable que a presenza deste club supere o ámbito estritamente deportivo”, aseguran nun comunicado.

Lembran que no partido de ida, disputado na capital de Letonia, o equipo israelí fixo uso propagandístico coas cámaras de televisión, e unha bandeira xigante do Estado de Israel que adornou a bancada, en cuxos asentos se distribuíron fotografías das persoas retidas por Hamás desde o 7 de outubro. Ademais, os xogadores portaban camisetas reivindicativas e na bancada puideron verse persoas afeccionadas do equipo con bandeiras israelís a pesar de tratarse, teoricamente, dun partido a porta pechada.

“Él lexítimo que o equipo técnico e os xogadores do Hapoel Holon reivindiquen o regreso a casa dos seus compatriotas, pero é absolutamente ilexítimo que o fagan aproveitando un partido de baloncesto contra un equipo estranxeiro”, apuntan desde Lugo por Palestina que condena que no actual contexto a FIBA (Federación Internacional de Baloncesto) permita a participación de equipos israelís na BCL e Euroligue. Ademáis lamentan que a a súa presenza altere a “convivencia pacífica” de Lugo que vai sufrir “unha blindaxe policial” por mor do encontro deportivo. 

Ante isto, Lugo por Palestina demanda ao goberno central e ás autoridades deportivas, que promovan nos organismos internacionais a prohibición aos equipos israelís de participar nas súas competicións, especialmente as europeas, mentres Israel continúe realizando o xenocidio contra o pobo palestino. 

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Lugo avoga por que a esquerda “axunte esforzos” na súa provincia para evitar “voto inútil”

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, considera que a esquerda "debe axuntar esforzos", tamén na...

A provincia de Lugo desprega 112 operarios e 64 máquinas para garantir a seguridade viaria este inverno

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou o plan de viabilidade invernal para...

Convocan as primeiras xornadas de Saúde Mental en Lugo, a provincia co maior número de suicidios en España

A asociación de voluntariado autonómica Stop Suicidio Lugo anunciou este venres a celebración das...

Brendan Shine, un inglés do Corgo que presenta o seu primeiro libro

Brendan Shine é un músico, cantante e deportista que leva anos asentado no Corgo...