InicioTerra CháAbadínRescatado o corpo dun home de 90 anos desde o interior dun...

Rescatado o corpo dun home de 90 anos desde o interior dun pozo de xurro en Abadín

A Garda Civil investiga as circunstancias e os motivos polos que o ancián caeu ao pozo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os Bombeiros de Vilalba rescataron este xoves o corpo dun home de 90 anos do interior dun pozo de xurro situado nunha explotación gandeira de Abadín.

Tras a localización do corpo, ata a zona, na parroquia de Baroncelle, desprazáronse efectivos da Garda Civil, que solicitaron a colaboración dos bombeiros.

Os feitos sucederon nunha explotación agrícola situada no lugar de Castiñeiro sobre as 12,30 horas. Os axentes investigan as circunstancias e os motivos polos que o ancián caeu ao pozo.

ÚLTIMAS

Candia esixe ao goberno de Lugo que actúe ante os conflitos que se orixinan nos locais do lecer da rúa Tui

O barrio da Milagrosa de Lugo rexistrou esta fin de semana un novo incidente...

Detido en Lugo un home que quedou cunha menor de idade a través dunha aplicación de citas

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home que foi sorprendido o pasado día 3...

Identificados catro almerienses por presuntamente estafar 4.500 a un empresario lucense por Internet

A Garda Civil de Lugo identificou a catro veciños de Almería por supostamente estafar 4.500 euros...

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...