InicioSociedadeUnha baixa sen cobertura na Casa da Muller complica a atención á...

Unha baixa sen cobertura na Casa da Muller complica a atención á violencia de xénero en Lugo

O Concello deixa sen cubrir unha baixa e obriga a desdobrarse ao psicólogo que atende a Casa da Muller e os pisos de acollida en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello obriga por decreto ao psicólogo adscrito á Casa da Muller a realizar funcións de xestión no centro sito no parque da Milagrosa e nos pisos de acollida de Lugo. A razón é unha baixa que o goberno local deixará sen cubrir, reducindo considerablemente a capacidade de atención á violencia de xénero na cidade.

Así consta no decreto asinado o 2 de novembro, polo que preguntará o Bloque Nacionalista Galego na vindeira reunión co executivo. Na formación queren saber “se existe algún mecanismo para suplir as baixas laborais ou por vacacións de quen prestan os seus servizos na Casa da Muller”.

A concelleira nacionalista Maite Ferreiro explica que “o psicólogo que traballa neste centro municipal deberá asumir responsabilidades e funcións impropias por decreto do goberno municipal”, situación que xa se produciu en abril por non atender as baixas do persoal que atende as vivendas de acollida do Concello.

Coa nova encomenda do psicólogo, e segundo as estimacións do Bloque, o tempo de espera das mulleres que solicitan atención psicolóxica podería pasar de unha semana a un mes. “Con este cambio nas funcións do psicólgo duplícase o traballo administrativo que vai asumir, por ter que adicar tempo á xestión da propia Casa da Muller, e tamén dos pisos de acollida”.

A importancia da Casa da Muller

No ano 2017, a Casa da Muller atendeu 3.362 consultas. Do total, 1.158 foron por violencia de xénero, e 710 para solicitar atención psicolóxica. Outra das funcións esenciais do centro foi o asesoramento xurídico, vencellado a 808 solicitudes. En conxunto, este servizo levou á apertura de 283 expedientes.

ÚLTIMAS

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza,...

Abadín rexistra 62 litros por metro cadrado debido á borrasca Caetano

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela...

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...

Detida unha muller de 20 anos de idade tras tentar introducir marihuana no centro penal de Monterroso

A Garda Civil detivo a unha muller de 20 anos de idade, veciña de Pontevedra, como presunta...