InicioLugo e contornaLugoInterceptan a un condutor que case deu o cuádruplo da taxa de...

Interceptan a un condutor que case deu o cuádruplo da taxa de alcoholemia máxima

Deu un valor de 0,92 no test de alcoholemia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interveu o mércores nun accidente nunha rotonda e detectou que un dos condutores implicados, o que provocara o choque, circulaba ebrio: deu un valor de 0,92 no test de alcoholemia, case o cuádruplo da taxa máxima permitida.

Segundo o parte de incidencias do corpo municipal, o sinistro sucedeu na rúa Industria. Alí, un turismo que estaba detido para entrar nunha rotonda foi golpeado por outro que deu marcha atrás. Unha vez o Equipo de Atestados da Policía Local presentouse no lugar, viu signos evidentes de que o condutor do coche que provocara o golpe atopábase baixo os efectos de bebidas alcohólicas.

Os axentes realizáronlle o correspondente test, no que arroxou un positivo de 0,92 miligramos por litro en aire respirado, cando o máximo permitido é 0,25. Por tanto, a Policía instruíu dilixencias por un delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido. Ademais, o seu vehículo foi inmobilizado.

CONTROIS DE VELOCIDADE

Ao longo do mércores, 15 de novembro, o corpo municipal despregou un dispositivo especial de tráfico en estradas nas que se detectou un incremento de accidentes de circulación e a velocidade máxima está establecida en 50 quilómetros por hora. Este despregamento permitiu controlar a velocidade dun total de 1.434 coches, dos cales 57 foron denunciados.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...