InicioLugo e contornaLugoMéndez confirma que foi convocada a unha reunión con Rueda para o...

Méndez confirma que foi convocada a unha reunión con Rueda para o día 22

A alcaldesa de Lugo lembrou que trasladara unha invitación a Rueda para que acudise "á casa de todos os lucenses, que é o Concello", pero o presidente galego "rexeitou" ir ao consistorio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, confirmou este mércores que foi convocada a unha reunión co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para o próximo 22 de novembro e, tras lamentar que o titular do Executivo autonómico “rexeitou” o encontro no Concello, avanzou que acudirá á reunión “coa man tendida, pero esixindo compromisos” coa cidade.

A rexedora socialista lembrou que trasladara unha invitación a Rueda para que acudise “á casa de todos os lucenses, que é o Concello”, onde podería asinar no Libro de Ouro da cidade, pero o presidente galego “rexeitou” ir ao consistorio.

En cambio, convocou á alcaldesa para ese encontro o 22 de novembro e Lara Méndez indicou que irá onde sexa convocada porque “do que se trata é de seguir pondo sobre a mesa as necesidades da cidade”.

Respecto diso, lembrou que se cumpriu hai uns días un ano do anterior encontro entre ambos, tras o que ela manifestou a súa “alegría” por chegar a acordos e concretar proxectos e iniciativas. Con todo, engadiu, un ano despois, “do prometido non houbo nada”.

Lara Méndez sinalou que si houbo entón “boas intencións e declaracións”, pero “se non se materializan en feitos, en orzamentos, de nada vale”.

Por iso, afirmou, acudirá á nova reunión con Alfonso Rueda “para seguir trasladando os problemas e necesidades da cidade”, algún deles demandas históricas, como o Plan Paradai, e advertiu de que o goberno de Lugo quere “máis”, “que se dean prazos, comprométanse orzamentos, materializar e executen”. “Irei coa man tendida, pero esixindo compromisos con Lugo”, sentenciou.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...