InicioLugo e contornaLugoMéndez ve a adxudicación da intermodal como a "materialización do compromiso do...

Méndez ve a adxudicación da intermodal como a “materialización do compromiso do Goberno central”

Tras coñecerse a adxudicación este xoves, a alcaldesa de Lugo destacou que redundará na "competitividade" da urbe, no seu "crecemento" e na "mellora das comunicacións".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, celebrou a adxudicación do contrato da estación intermodal por máis de 22 millóns de euros, o que “supón a materialización do compromiso do Goberno central” para que a alta velocidade ferroviaria chegue á cidade.

Tras coñecerse a adxudicación este xoves, Méndez destacou que redundará na “competitividade” da urbe, no seu “crecemento” e na “mellora das comunicacións”.

“Pero sen dúbida é tamén unha gran noticia en clave local, en tanto finalizará co illamento dos barrios do Sagrado Corazón e Paradai a través da creación do paso de cidade que se contempla, cómodo e seguro e con proxección tamén na mellora urbanística e na humanización da contorna”, engadiu.

A alcaldesa considera que o “compromiso” do Executivo de Pedro Sánchez coa cidade “queda patente” coa intermodal, unha acción política que, “aínda que discreta, leva sendo permanente e, sobre todo, incisiva para que Lugo mellore as súas conexións coa meseta e o seu posicionamento con relación ao resto de Galicia e do Estado”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...