InicioSucesosPena de tres anos e nove meses para o home que atropelou...

Pena de tres anos e nove meses para o home que atropelou a unha axente

O acusado non se parou no control de tráfico e ía conducindo sen carné.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xuíza do Xulgado do Penal número 1 de Lugo condenou este venres a unha pena de tres anos e nove meses de prisión a un home acusado de saltarse un control de tráfico conducindo sen carné e de atropelar na súa fuxida a unha axente da Garda Civil.

acusado, un home de 27 anos que xa cumpre condena por outros delitos contra a seguridade viaria, compareceu na sala de vistas número 2 por videoconferencia desde o centro penal de Bonxe (Lugo) e recoñeceu os feitos para poder chegar a un acordo de conformidade.

Polo atropelo á axente da Garda Civil, á que o home deberá abonar 3.228 euros polas lesións e 2.000 máis polas secuelas provocadas en concepto de responsabilidade civil, o acusado deberá cumprir unha pena de tres anos e un día de cárcere. Os feitos tiveron lugar o 8 de outubro de 2021, cando a Garda Civil deu o alto ao acusado (G.D.S) no punto quilométrico 550 da estrada N-V para proceder á realización dun control preventivo de alcoholemia e drogas. O home, que circulaba sen carné de conducir, non se detivo e arroiou co seu vehículo a unha das axentes ao darse á fuga antes de ser interceptado.

ÚLTIMAS

O vindeiro pleno provincial aprobará as bases do Plan Deputación 2025, que sobe a 22 millóns

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, anunciou este martes que o pleno...

Ferido un conductor tras un choque entre o seu vehículo e un camión en Guntín

O condutor dunha furgoneta resultou ferido este martes tras chocar o vehículo no que...

O viaduto do Castro na A-6 estará operativo desde o 30 de decembro

O ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente, anunciou este luns que o...