Home Lugo e contorna Lugo Investigada en Lugo unha condutora por tres delitos contra a seguridade viaria

Investigada en Lugo unha condutora por tres delitos contra a seguridade viaria

0
Investigada en Lugo unha condutora por tres delitos contra a seguridade viaria
Control da Policía. POLICÍA LOCAL LUGO

A Policía Local de Lugo atribúe a unha condutora tres delitos contra a seguridade viaria, entre eles carecer do permiso de circulación, segundo informa.

Na tarde do día 14, unha patrulla da Policía de Barrio detectou a circulación irregular dun vehículo na rúa Perpetuo Socorro, dándolle o alto e comprobando que a muller presentaba síntomas de estar baixo os efectos do alcol ou as drogas.

Finalmente, deu un resultado positivo de 0,86 milogramos por litro. O test de drogas negouse a pasalo a pesar de ser informada que a negativa levaba a comisión dun delito.

Tamén se comprobou que non tiña o permiso de conducir polo que se instrúen dilixencias por tres delitos contra a seguridade viaria. No caso do seu acompañante, instrúenselle tamén como cooperador necesario na realización do delito.

Por un delito contra a seguridade viaria, realizáronse as mesmas actuacións no caso doutro condutor detectado na rúa Lambas de Prado e que arroxou un resultado positivo de 0,81 miligramos por litro na proba de alcol.

Houbo tamén oito casos de alcoholemias administrativas a condutores sancionados con multa de 500 euros e a retirada de catro puntos do permiso de conducir. Por condutas incívicas, ao ouriñar na vía pública, propúxose sanción de ata 900 euros para 23 mozos.

+ posts