InicioSociedadeDeclaran un novo foco de enfermidade hemorrágica epizoótica nunha explotación bovina de...

Declaran un novo foco de enfermidade hemorrágica epizoótica nunha explotación bovina de Xermade

A única vía de contaxio nos animais é a través da picadura dos mosquitos transmisores, polo que non é posible a transmisión directa ou indirecta entre eles. Esta doenza non afecta as persoas, nin pola picadura do mosquito transmisor, nin por contacto con animais infectados, nin polo consumo de produtos de orixe animal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Xunta declarou un novo foco de Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE) no concello lucense de Xermade. Como en o resto de focos detectados en Galicia (sete en total, incluíndo este), só un animal do total do censo presentaba sintomatoloxía compatible con esta doenza.

Así, os servizos veterinarios oficiais procederon de inmediato á toma de mostras dos animais sospeitosos, confirmándose o caso positivo polo Laboratorio Central de Veterinaria de Algete, en Madrid. Neste sentido, sinalan nun comunicado, que a EHE é unha enfermidade infecciosa pero non contaxiosa producida por un virus que se transmite aos animais exclusivamente a través da picadura de mosquitos do xénero Culicoides,spp.

Dada a vía de transmisión, esta enfermidade aparece mentres exista o mosquito vector circulando no ambiente. Por tanto, existe un período de posible afectación dos animais (aproximadamente de abril a decembro) e outro, nos meses de inverno, nos que ao non existir circulación do vector, non existe posibilidade de infección nos animais.

A única vía de contaxio nos animais é a través da picadura dos mosquitos transmisores, polo que non é posible a transmisión directa ou indirecta entre eles. Aclaran tamén que esta doenza non afecta as persoas, nin pola picadura do mosquito transmisor, nin por contacto con animais infectados, nin polo consumo de produtos de orixe animal (carne, leite) destes animais.

+ posts

ÚLTIMAS

A CIG denuncia ante Inspección a empresa onde morreu un mozo en prácticas en Vilalba

A CIG presentou unha denuncia ante a Inspección de Traballo contra a empresa de...

Alerta nos Ancares por unha “praga” de xabarís: os gandeiros temen o contaxio de enfermidades e esixen accións á Xunta

O Sindicato Labrego advirte dun aumento sen precedentes dos ataques, que ameaza a viabilidade das explotacións, e reclama a Medio Ambiente peches preventivos e un control sanitario estrito.

Queremos Galego denuncia o uso do castelán nun cartel en Lugo mentres o PP sinala que xa se fixo en anos anteriores

A plataforma Queremos Galego criticou publicamente ao goberno municipal de Lugo, liderado polo PP,...

O PP acusa a Carmela López de manter “o mesmo sectarismo” que Tomé na Deputación

O grupo provincial do PP na Deputación de Lugo acusou á presidenta do organismo,...