InicioSociedadeJosé Tomé comparte unha xornada festiva cos residentes dos nove centros de...

José Tomé comparte unha xornada festiva cos residentes dos nove centros de Atención de Maiores da Deputación

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, compartiu este martes unha xornada festiva cos residentes do nove centros de Atención de Maiores que a institución provincial ten en funcionamento con motivo da celebración do Día Internacional das Persoas Maiores.

No encontro no que tamén estiveron presentes o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón; a Alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez; os alcaldes de Meira, Antonio de Deus; de Castroverde, Xosé María Arias; de Pedrafita do Cebreiro, José Luis Raposo; de Navia de Suarna, José Fernández Fernández; de Ribas de Sil, Miguel Ángel Sotuela; de Ribadeo, Daniel Veiga Pérez; e de Pol, Lino Rodríguez Ónega; así como Teresa Fernández Pérez, Concelleira de Servizos Sociais da Fonsagrada.

Tomé agradeceulles a súa visita e destacou que estes encontros serven para visibilizar a “valiosa” achega que fan á sociedade. “Sodes o legado que conforma a nosa historia, sodes os grandes transmisores da sabedoría e da experiencia, e despois de anos de moito traballo é de xustiza que nesta etapa a sociedade devólvavos todo iso con coidados, agarimo e benestar”, sinalou.

Durante a recepción, proxectouse un vídeo que repasou en fotografías e a través de textos os mellores momentos e as experiencias máis divertidas das súas vivencias nos centros nos últimos anos.

O Presidente deu os parabéns aos traballadores e responsables dos centros provinciais, “que demostra a atención, o agarimo e respecto diario” que se ofrece aos maiores e que fai que o modelo asistencial implantado pola Deputación en colaboración cos concellos na súa rede de residencias, “centrado nas persoas, que favorece o arraigamento, xera emprego, dinamiza a económica local e fijapoblación no rural, sexa hoxe un referente en España e en Europa”.

PROGRAMA ‘COÑECE A TÚA PROVINCIA’

Doutra banda, unhas 140 persoas viaxan esta semana co programa ‘Coñece a túa provincia’ da Deputación de Lugo. Son veciños e veciñas dos municipios de Barreiros, Navia de Suarna, Lourenzá, Lugo, Taboada e Pantón os que percorrerán diferentes puntos do territorio –desde o martes e ata o venres– a través desta iniciativa de rutas gratuítas que impulsa a institución provincial para colectivos sen ánimo de lucro, co obxectivo de fomentar o coñecemento da provincia e favorecer o turismo de proximidade.

+ posts

ÚLTIMAS

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...

Asinado o convenio entre Deputación e concellos para asumir os custos das residencias provinciais

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asinou este venres cos alcaldes un...

Preocupación do SLG polas dúas plantas de biogás previstas en Abadín

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) mostrou a súa inquietude ante o proxecto de...

CC.OO. acusa ao Goberno de Lugo de exercer un “feminismo de pancarta”

A Unión Comarcal de CC.OO. de Lugo acusou este venres ao goberno local de...