InicioLugo e contornaLugoA alcaldesa de Lugo di que é a Xunta quen debe crear...

A alcaldesa de Lugo di que é a Xunta quen debe crear o trazado alternativo para a Rolda Este

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, replicou á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, que corresponde ao Goberno galego elaborar o trazado alternativo para finalizar a construción da Rolda Este en cumprimento das súas competencias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, replicou á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, que corresponde ao Goberno galego elaborar o trazado alternativo para finalizar a construción da Rolda Este en cumprimento das súas competencias.

Así o subliña nunha carta enviada este venres e coa que responde á misiva da responsable do Executivo galego asinada o pasado 8 de setembro. Nela, Ethel Vázquez instou o goberno local, por segunda vez en tres meses, a trasladar a súa proposta de trazado alternativo para esta infraestrutura.

Na súa carta, Méndez manifesta a súa “sorpresa” por que a conselleira “inste” o goberno lugués “á elaboración dun trabjao que non é competencia municipal, senón autonómica”, á vez que subliña que aínda non teñen “unha contestación” ás alegacións ao último trazado proposto, presentadas en abril.

Entre elas, lembra a alcaldesa, recóllense informes das áreas de arquitectura, arqueoloxía, enxeñaría, medio ambiente e topografía; e instábase á Xunta a “tramitar un novo procedemento de avaliación ambiental que teña en conta a normativa vixente, xa que a presentada baséase nun proxecto do 2003 que non pode ser válida para unha actualización que se desenvolverá dúas décadas despois”.

Incide en que o proxecto presentado pola Xunta “non realiza ningunha análise” sobre o impacto da obra no patrimonio, o Plan Especial de Protección do Río Miño ou sobre o parque periurbano da Fervedoira.

“Tras 20 anos esperando a que o Goberno galego asuma o seu compromiso cos e as lucenses para poder finalizar a Rolda Este, creo que é importante que este tema se aborde co máximo respecto á cidadanía. Os lucenses merecemos formulacións serias”, incide a rexedora socialista, que conclúe a súa misiva mostrando a súa disposición a sentar coa consellería para “traballar conxuntamente”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...