InicioLugo e contornaLugoFerido grave un home de 72 anos ao saír da estrada e...

Ferido grave un home de 72 anos ao saír da estrada e dar voltas de campá co coche en Xermade

Un home de 72 anos de idade resultou ferido de gravidade na tarde do domingo ao saírse da estrada co seu coche e dar varias voltas de campá en Xermade (Lugo).

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home de 72 anos de idade resultou ferido de gravidade na tarde do domingo ao saír da estrada co seu coche e dar varias voltas de campá en Xermade (Lugo). Segundo informa o 112 Galicia, eran as 19,20 horas cando varios particulares contactaban coa central de emerxencias para indicar que un vehículo que circulaba pola AG-64, á altura de Candamil, saíu da vía e deu varias voltas.

Aínda que o home, único afectado o sinistro, non necesitou material de excarceración para saír do coche, o impacto provocou que acabase na parte traseira.Enseguida, o 112 puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias-061, dos axentes de Tráfico, de Protección Civil e dos bombeiros de Vilalba, que axudaron na evacuación tras comprobar que estaba totalmente liberado.

+ posts

ÚLTIMAS

CC.OO. reclama máis seguridade tras a morte de dous operarios na A-8 nunha concentración en Lugo

Preto dun centenar de persoas participaron este venres nunha concentración diante da Demarcación de...

A neve volta a Lugo por riba dos 700 metros

A Agencia Estatal de Meteorología (AEMET) activou un aviso amarelo por neve tanto na...

Congreso de xerontoloxía e xeriatría no Pazo de San Marcos no mes de maio

O Pazo de San Marcos acollerá o 22 e 23 de maio a 26...

A Deputación inviste case 2.5 millóns de euros na mellora de estradas provinciais

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou investimentos por case 2,5M€ para...