InicioLugo e contornaLugoLugo prepara un amplo dispositivo de seguridade ante a celebración do Caudal...

Lugo prepara un amplo dispositivo de seguridade ante a celebración do Caudal Fest

Policía Local, Nacional, bombeiros e servizos de emerxencia ultiman os detalles do dispositivo especial que se despregará ao longo da próxima semana en Lugo con motivo da celebración do Caudal Fest, que prevé reunir a 33.000 persoas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Policía Local, Nacional, bombeiros e servizos de emerxencia ultiman os detalles do dispositivo especial que se despregará ao longo da próxima semana en Lugo con motivo da celebración do Caudal Fest, que prevé reunir a 33.000 persoas.

Este xoves, a rexedora luguesa, Lara Méndez, e a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, presidiron a reunión da xunta local de seguridade convocada para preparar os detalles do operativo con motivo do festival que terá lugar na contorna fluvial do río Miño os días 15 e 16 de setembro.

A este dispositivo especial destínanse catro indicativos da Policía Local que se dedicarán en exclusiva ás contigencias do evento, que tamén motivará a articulación de dotacións especiais de Tráfico e da Policía Nacional.

Pola súa banda, o corpo de Bombeiros dedica dúas dotacións en horario completo a maiores do servizo común para atender calquera tipo de incidente no recinto e na súa contorna. Ademais, o festival contará un ano máis cun punto violeta contra a violencia machista no que levarán a cabo labores de información, asesoramento e sensibilización.

“Este operativo especial terá por obxecto a regulación do tráfico e o control da seguridade viaria; a preservación da seguridade cidadá e a orde pública, así como a prevención de delitos contra saúdea pública e contra o patrimonio”, manifestou a alcaldesa en declaracións recollidas nun comunicado.

A primeira edil de Lugo incidiu na importancia de que as institucións se coordinen ante eventos como o Caudal Fest, unha cita que “pon a Lugo no mapa nacional dos festivais”.

“Este ano conseguiremos unha cifra marca de asistentes, coa previsión de acoller a máis de 33.000 persoas durante o fin de semana”, explicou Méndez, que animou público a “gozar de forma responsable” do festival.

Pola súa banda, a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, garantiu que tanto a Subdelegación do Goberno como as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado colaborarán de forma activa no dispositivo de seguridade do festival, para que “a última gran festa do verán en Galicia despida a tempada ao grande”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación irá á Feira Internacional de Turismo de Interior para promocionar a provincia

    A Deputación de Lugo participará por primeira vez na Feira Internacional de Turismo de...

Nova agresión nun campo de fútbol: un árbitro acaba no hospital ao recibir unha puñada nun partido de veteranos en Lugo

O encontro entre o Residencia e o Alianza, correspondente á novena xornada da División...

Lugo celebrará o nomeamento de Mariano Castiñeira como Fillo Adoptivo

O Concello de Lugo celebrará o este venres 13 de novembro o acto institucional...

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...