InicioSucesosDetidas cinco persoas en Lugo nunha operación contra un clan dedicado á...

Detidas cinco persoas en Lugo nunha operación contra un clan dedicado á venda de droga

.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Cinco persoas foron detidas nunha operación conxunta entre Policía Nacional e Garda Civil que permitiu desarticular un punto de venda de drogas que estaba controlado por un dos clans familiares dedicados ao tráfico de estupefacientes “máis activos” da cidade de Lugo.

A investigación contra este grupo estaba en marcha desde 2022 e derivou nos arrestos e rexistros levados a cabo os días 22 e 23 deste mes de agosto, segundo informou este venres a Policía Nacional nun comunicado.

Ademais da detención de cinco persoas, as forzas da orde procederon ao rexistro de dúas vivendas situadas na capital luguesa, onde se incautaron de material para a manipulación de droga, 60 gramos de cocaína, 60 gramos de haxix e outros 30 de marihuana.

Policía e Garda Civil dan por desarticulado este clan familiar, que consideran un dos “máis activos” na venda polo miúdo de droga da cidade de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polos traxes dos Reis Magos: o BNG denuncia un gasto “innecesario” de 2.541 euros

A organización da próxima Cabalgata dos Reis Magos de Lugo, prevista para o 5...

A falta de cociñeiros obriga a cambiar menús en colexios de Lugo: denuncian que se serven pizzas e empanadas

Os comedores escolares constitúen un servizo fundamental para milleiros de familias, non só pola...

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...