InicioSucesosIdentifican un menor de 14 anos por unha suposta agresión ao seu...

Identifican un menor de 14 anos por unha suposta agresión ao seu pai nun domicilio de Lugo

Provocoulle varios arañazos no pescozo, pero non quixo denunciar.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo identificou a un menor de 14 anos de idade como presunto autor dunha agresión ao seu pai, tras recibir un aviso por unha forte discusión familiar nun domicilio da cidade. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron sobre as 21.40 horas deste xoves, cando varios indicativos do 092 trasladáronse a unha vivenda, alertados por testemuñas dunha discusión.

Alí recibiulles un home de 44 anos de idade que relatou que fora agredido polo seu fillo menor, de 14 anos, con quen non convive. Outro axente entrevistouse o mozo, que confirmou que atacara ao seu proxenitor. Do menor fíxose cargo a súa nai, que acudiu ao lugar, mentres que o pai, que presentaba varios arañazos no pescozo, manifestou a súa intención de non denunciar os feitos.

OUTRAS INTERVENCIÓNS

Por outra banda, a Policía Local tamén interveu este xoves nun presunto furto cometido pola tarde nun supermercado. A encargada do establecemento explicou aos axentes que dúas mulleres introduciran nos seus bolsos diversos artigos de perfumaría e que saíron do establecemento sen pasar por caixa, negándose a ensinar o contido deses bolsos a pesar dos requirimentos do persoal.

Nese momento, as sospeitosas do furto xa se marcharon e os axentes non puideron localizalas nas inmediacións, polo que explicaron á encargada do supermercado o procedemento para presentar denuncia e para achegar as gravacións das cámaras de seguridade. Finalmente, a Policía Local interpuxo denuncia contra varios condutores por infraccións de seguridade viaria, como excesos de velocidade, carencia de ITV, carencia de seguro obligatorio, e outras.

Así mesmo, levantouse acta de inspección e denuncia contra un local de lecer nocturno da rúa Avelino Pousa Antelo. Os feitos ocorreron na madrugada deste venres, cando unha patrulla se desprazou á zona tras recibir aviso do exceso de ruído. Os axentes comprobaron que o local carecía da dobre porta obrigatoria segundo a ordenanza de contaminación acústica, polo que se confeccionou a denuncia correspondente.

ÚLTIMAS

Excarceradas dúas persoas tras chocar frontalmente dous turismos na N-634, ao seu paso por Sancovade

Os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarcerar aos condutores de dous vehículos tras chocar...

A Deputación de Lugo reforza a formación de rederas con 39.000 euros para garantir a substitución xeracional

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou un novo convenio de...

Novos achados no xacemento do S.IX AC de Pobra de Brollón apuntan ao colapso de edificacións por un incendio

Novos achados no xacemento do S.IX AC localizado en Penas do Castelo, parroquia de...

Trasladado un home con síntomas de intoxicación por fume tras un incendio nunha ferraxaría

Un home tivo que se trasladado con síntomas de intoxicación por fume tras un...