GaliciaConfidencial | A Federación Internacional do Camiño de Santiago (FICS) apunta que un informe técnico do Comité Internacional de Monumentos e Sitios (Icomos) vinculado á Unesco, especifica que o proxecto da mina e Touro é unha violación da normativa de protección que mesmo supón a destrución de parte do seu percorrido, concretamente para o Camiño Francés.
A FICS publicara xa no mes de xuño que o proxecto de Atalaya Mining para a mina de O Pino-Touro é unha grave ameaza para o Camiño de Santiago, punto sobre o que sinalan “a Xunta de Galicia, administración responsable da protección deste Ben de Interese Cultural (BIC) de valor universal, garda silencio”.
