InicioSociedadeCIG denuncia a "precarización das condicións laborais" nas residencias da terceira idade...

CIG denuncia a “precarización das condicións laborais” nas residencias da terceira idade da provincia Lugo

A CIG denunciou a "precarización das condicións laborais" nas residencias de Serge Lucense (A Veiga) na Pobra de San Xiao, e Galega de Servizos Xeriátricos S.L., en Guntín.

PUBLICADA O

- Advertisement -

CIG denunciou a “precarización das condicións laborais” nas residencias de Serge Lucense (A Veiga) na Pobra de San Xiao, e Galega de Servizos Xeriátricos S.L., en Guntín, e apuntou que a situación “é extrapolable” a outras “residencias privadas de terceira idade da provincia de Lugo”.

O sindicato incidiu, nun comunicado, no “incumprimento dos cocientes por parte das empresas” para o persoal de atención directa e “desde hai tempo” denunciou e reclamou a “equiparación dos cocientes” coas residencias que “xestiona directamente a Xunta”.

“Consideramos que a carga de traballo dun traballador debe ser a mesma tanto se traballa nunha residencia privada ou pública, e isto non é así, e ademais nin sequera se cumpren os cocientes de residencias privadas”, explicou o sindicato.

A continuación, puntualizou en que “seguen presionando” ao persoal xerocultor para que “de medicación sen supervisión dun técnico da saúde”.

Así mesmo, o sindicato fixo referencia ao convenio de residencias de terceira idade de Galicia que asinaron UGT e CCOO e cualificouno de “precario tanto salarial como socialmente”.

+ posts

ÚLTIMAS

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...

Asinado o convenio entre Deputación e concellos para asumir os custos das residencias provinciais

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asinou este venres cos alcaldes un...

Preocupación do SLG polas dúas plantas de biogás previstas en Abadín

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) mostrou a súa inquietude ante o proxecto de...

CC.OO. acusa ao Goberno de Lugo de exercer un “feminismo de pancarta”

A Unión Comarcal de CC.OO. de Lugo acusou este venres ao goberno local de...