Conde sinala que Feijóo aposta por unha economía “co talento, a innovación e o coñecemento” como base

A cabeza de lista do PP ao Congreso pola provincia de Lugo destacou nunha visita ás instalacións da empresa Bioflytech, aínda en fase de posta a punto, en Palas de Rei, dedicada á cría de larvas de mosca para a fabricación de fariñas, que o PP aposta polo "crecemento sustentable".

O candidato do PP pola provincia de Lugo ao Congreso, Francisco Conde, nunha visita ás futuras instalacións de Bioflytech / PP

cabeza de lista do PP ao Congreso pola provincia de Lugo, Francisco Conde, destacou nunha visita ás instalacións da empresa Bioflytech, aínda en fase de posta a punto, en Palas de Rei, adicada á cría de larvas de mosca para a fabricación de fariñas, que un dos obxectivos de Alberto Núñez Feijóo é “impulsar unha economía baseada no talento, na innovación e o coñecemento“.

Desde alí, Conde explicou que o PP pretende impulsar “un crecemento sustentable” e un dos alicerces para conseguilo é o “apoio á innovación e o coñecemento”.

Nesta liña, lembrou que os populares defenden a substitución do réxime de licenza polo de declaración responsable, a ampliación do silencio positivo como regula por defecto na relación coa Administración, fomentar o crecemento do tamaño das empresas, elevar o investimento en I+D+i e atraer máis capital estranxeiro.

Así, o candidato popular puxo como aval dos compromisos que adquire Feijóo en materia económica o traballo desenvolvido pola Xunta de Galicia baixo a súa presidencia, “cun compromiso firme co desenvolvemento sustentable, para avanzar cara á economía circular“.

Ademais, Francisco Conde destacou que se Feijóo é o próximo presidente de España, o Goberno adoptará as medidas necesarias para aproveitar con eficacia os fondos europeos, mediante unha “cogobernanza real” coas comunidades e cos axentes socioeconómicos.