InicioEconomíaEmpleaLab leva máis dun centenar de empresas subscritas en Lugo para proxectos...

EmpleaLab leva máis dun centenar de empresas subscritas en Lugo para proxectos de inclusión

A Fundación CEOE, Cáritas Diocesana de Lugo e a Confederación Empresarial de Lugo (CEL) presentaron este venres a entidades sociais e empresas lucenses, o proxecto EmpleaLab, xestionado por Cáritas e financiado polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións a través dos Fondos Next Generation. Actualmente, xa conta con máis dun centenar de empresas subscritas en Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Fundación CEOE, Cáritas Diocesana de Lugo e a Confederación Empresarial de Lugo (CEL) presentaron este venres a entidades sociais e empresas lucenses, o proxecto EmpleaLab, xestionado por Cáritas e financiado polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións a través dos Fondos Next Generation. Actualmente, xa conta con máis dun centenar de empresas subscritas en Lugo.

O acto de presentación de EmpleaLab, celebrado baixo o título ‘O tecido empresarial en Lugo provincia’, contou coas intervencións do secretario xeral da CEL, Jaime López; a directora de Cáritas Diocesana de Lugo, Amparo González Méndez; a coordinadora do Equipo de Programas Piloto de Cáritas Española, Beatriz Iraeta; o coordinador de Emprega Lab na Fundación CEOE, Miguel Ángel García e o relatorio especial de Carmen Lence, CEO de Grupo Lence. Entre outros asistentes, tamén estivo a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.

EmpleaLab é un proxecto piloto colaborativo de inclusión cuxo obxectivo é mellorar a empregabilidade de persoas vulnerables (beneficiarias do Ingreso Mínimo Vital), a través da mellora das súas competencias básicas, transversais e dixitais para a procura de emprego ou o seu mantemento. A iniciativa busca facilitar ás empresas participantes a cobertura dos seus postos de traballo vacantes.

Coa colaboración da CEL, a Fundación CEOE realiza desde finais do mes de marzo un labor de prospección empresarial na provincia lucense, co obxectivo de conseguir acordos de colaboración con empresas e coñecer ofertas de emprego vacantes para facilitar a inclusión laboral, así como para realizar un diagnóstico das necesidades laborais reais.

Todas as empresas participantes poderán obter o Selo de Inclusión Social, un distintivo público da Administración Xeral do Estado co que se recoñece ás empresas que desenvolven actuacións que contribúen ao tránsito das persoas beneficiarias do Ingreso Mínimo Vital, desde unha situación de risco de pobreza e exclusión á participación activa na sociedade.

EmpleaLab, ademais de en Lugo, está a desenvolverse noutras 10 provincias españolas: Albacete, Barcelona, Conca, Xirona, Guadalajara, León, Menorca, Ourense, Valladolid e Zamora.

ÚLTIMAS

Retiran a rampla de acceso ao Miño inaugurada hai 13 días por acabarse o permiso para este verán

Os servizos municipais retiraron este luns a pasarela de acceso ao río Miño en...

Condenado a catro anos de cárcere o rexente dun bar da cidade por traficar con drogas

A Audiencia Provincial de Lugo condenou ao rexente dun bar da capital a catro anos de...

Besteiro critica o financiamento público para o proxecto de Altri: “Non vai ter moita saída”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, mostrou o seu rexeitamento firme ao...

Altri en Palas de Rei: Pas Viva opónselle por riscos ambientais e sociais

As colectivo Pas Viva da Plataforma Ulloa Viva celebrou un acto para mostrar o...