InicioSociedadeO Arde Lvcvs inicia este sábado a conta atrás para a celebración...

O Arde Lvcvs inicia este sábado a conta atrás para a celebración da súa XXII edición

O acto de partida das celebracións, o Natalicio, terá lugar na Praza de Santa María a partir das 20,30 horas

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Arde Lvcvs inicia este sábado, día 10 de xuño, a conta atrás para a celebración da súa XXII edición co Natalicio, o acto de partida das celebracións, que terá lugar ás 20,30 horas na Praza de Santa María.

Diso informou o Concello de Lugo, que destaca que nove asociacións organizan o evento que, máis aló da narración histórica, a ofrenda aos deuses e o desfile ata a Mosqueira, incorpora como novidade a posta en escena de tres obras de teatro.

A música de Abrahám Cupeiro será o fío condutor de todo o relato, no que tamén se poderá escoitar o himno Calendis de José María Núñez interpretado prol o Orfeón Xoán Montes e a Coral Ecos do Miño.

A alcaldesa de Lugo en funcións, Lara Méndez, convidou este venres á cidadanía a participar nas festas deste primeiro evento que será o prólogo da transformación que vivirá a capital entre o 22 e o 25 de xuño e coa que se rememorará a orde que o emperador Octavio Augusto deu para construír as cidades de Lucus Augusti, Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga), hermanadas desde 1986.

“A partir de maña Lugo empeza a avivar a chama do Arde Lvcvs. A cidade retrocederá 2.000 anos para revivir o seu pasado castrexo-romano e encherse de novo de bulicio”, destacou a alcaldesa en funcións.

ÚLTIMAS

A feira de gando do San Froilán no punto de mira: rexeitada a moción do PP para investigala

O Goberno local de Lugo, co voto de calidade do alcalde debido á ausencia...

A Deputación terá 135 millóns máis nos seus orzamentos para 2026

A Deputación de Lugo contará en 2026 cun orzamento de 135 millóns de euros,...

Un operativo contra os locais de lecer nocturno en Lugo remata cun detido e 39 identificados

Un home foi detido por un suposto delito de atentado contra un axente da...

CC.OO. esixe a dimisión da edila de Persoal do Concello de Lugo

Comisións Obreiras (CC.OO.) esixiu a dimisión inmediata da concelleira de Persoal do Concello de...