InicioSociedadeLugo reabre as Caldas do Miño, que permanecían pechadas tras detectarse unha...

Lugo reabre as Caldas do Miño, que permanecían pechadas tras detectarse unha bacteria

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área de Medio Ambiente do Concello de Lugo informou de que as Caldas do Miño xa se reabriron tras permanecer pechadas desde a pasada semana ao detectarse pseudomonas nos vaos de auga quente da instalación.

Despois de realizar en días pasados unha desinfección e limpeza completa das instalacións das Caldas, a analítica efectuada o xoves e cuxos resultados se coñeceron este luns confirma que todos os parámetros atópanse novamente dentro da normalidade.

Deste xeito e, tras notificar esta situación ao departamento de Sanidade, cuxos inspectores realizaron este mesmo martes unha nova inspección ao recinto para ratificar que todo se atopa en perfecto estado, o Concello procede a abrir ao público esta instalación para que xa se poidan realizar reservas desde a aplicación dispoñible.

A presenza desta bacteria, moi común e tamén moi frecuente na natureza, especialmente en ambientes húmidos, foi detectada durante os controis ordinarios que o Concello realiza periodicamente para verificar a calidade da auga.

ÚLTIMAS

Unha colisión frontal en Láncara deixa varias persoas feridas

Unha colisión frontal entre dous vehículos deixou varias persoas feridas leves en Láncara durante...

O PP de Lugo rexeita as acusacións do PSOE contra Elena Candia

O PP de Lugo respondeu con "absoluta rotundidade" ás "graves acusacións" do PSOE lucense...

O PSOE de Lugo esixe a dimisión de Elena Candia tras o arquivo da “Operación Polbo”

O PSOE de Lugo reclamou este sábado “responsabilidades políticas” á vicepresidenta do Parlamento e...

Saída de vía en Pantón deixa catro persoas feridas

Un total de catro persoas resultaron feridas tras saírse da vía co seu vehículo...