InicioPolíticaEstas son as 13 medidas que promete cumprir Candia nos 100 primeiros...

Estas son as 13 medidas que promete cumprir Candia nos 100 primeiros días de goberno se accede á Alcaldía

PUBLICADA O

- Advertisement -

A candidata do PP á Alcaldía de Lugo, Elena Candia, aproveitou este venres a presenza do líder estatal do partido, Alberto Núñez Feijóo, para avanzar 13 medidas que impulsaría nos seus cen primeiros días de goberno se consegue arrincar o bastón de mando municipal á socialista Lara Méndez.

Así, anticipou que iniciaría os trámites para crear un centro de respiro en Calde de apoio a familiares de persoas con alzhéimer, en colaboración con Afalu; e impulsaría o primeiro plan local de saúde mental destinado a persoas con estas doenzas o edificio sen uso de Aspnais e con convenios con entidades sociais, e o grao de Psicoloxía da UNED.

Do mesmo xeito, prometeu incorporar novos perfís profesionais –como psicólogos ou podólogos– no Servizo de Axuda non Fogar (SAF), no que se compromete a suprimir a lista de espera ao longo do mandato. Tamén avanzou o impulso dun ‘Programa Retorna Lugo’ para o regreso de mozos e a creación de ‘Aloumiñar’, para o coidado de menores a domicilio.

O impulso dun plan de seguridade para a zona norte, cunha nova delegación da Policía Local, o reddiseño do itinerario do carril bici, o impulso e reorganizaicón da área de urbanismo, a eliminación da cita previa no Concello ou o deseño dun plan de reequilibrio de investimentos son outras das medidas cuxa posta en marcha priorizaría Candia.

O plan para os primeiros cen días culminaría coa apertura do Auditorio de Magoi, a subscrición dun novo acordo marco liderado pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para usar as instalacións deportivas dos centros educativos, un plan de dinamización económica e o inicio dos trámites para crear o Consorcio do Centro histórico.

ÚLTIMAS

Brendan Shine, un inglés do Corgo que presenta o seu primeiro libro

Brendan Shine é un músico, cantante e deportista que leva anos asentado no Corgo...

Enagás volverá presentar o hidroducto a Guitiriz a axudas europeas

Enagás reitera que o hidroducto Guitiriz-Zamora, que quedou fóra da lista de proxectos de interese...

O sector da limpeza en Lugo critica a petición de adiamento da patronal para decidir se acepta a mediación

Traballadores do sector da limpeza en Lugo criticaron "unha nova mostra do "absoluto desinterese"...

Lugo ten o billete sinxelo de bus máis barato (0,64) fronte ao máis caro, en Barcelona (2,4) , segundo Facua

O billete univiaxe ou sinxelo de bus urbano costa de media 1,25 euros en...