InicioSociedadePedoran unha débeda de 80.000 euros a unha persoa con problemas de...

Pedoran unha débeda de 80.000 euros a unha persoa con problemas de ludopatía

O xulgado entende que non pode facer fronte ás débedas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xulgado de primeira instancia de Lugo exonerou do pago dunha débeda de 80.000 euros contraída cunha serie de entidades crediticias por parte dunha persoa con problemas co xogo. A liquidación da débeda acumulada por este veciño de Lugo durante os seus anos de adicción ao xogo foi concedida polo xulgado lugués en aplicación do coñecido como mecanismo da ‘segunda oportunidade’.

Así, o xulgado aprecia boa fe no debedor, que non podía facer fronte aos 80.000 euros aos que chegou a ascender a débeda contraída tras solicitar 18 créditos para apostas e xogo. Por tanto, perdoa o abono do pasivo acumulado polo reclamante, que cumpre cos requisitos establecidos pola lei, é dicir, a imposibilidade de facer fronte á débeda, carecer de antecedentes penais e non acollerse a este mecanismo nos últimos cinco anos.

“Unha vez iniciado este procedemento, o debedor pode empezar a deixar de pagar todas as súas débedas, podendo destinar o total dos seus ingresos a gastos esenciais como comida, transporte, subministracións, mesmo a un pequeno aforro”, explicou Fran Bautista, avogado da Asociación de Axuda ao Endebedamento.

ÚLTIMAS

“Sempre estiven metido en comisións de festas e organizando eventos dende adolescente”, Daniel Veiga, ‘Plenario’

Daniel Veiga cóntanos que é da aldea de Vilaouruz, na Pontenova, aínda que é popularmente...

Presentación ao vivo de ‘Alvela’, novo disco de Faia, en Lugo

FAIA presentará ao vivo Alvela este 2 de maio en Lugo. A partir das 20.30...

Cortes de tráfico na ligazón entre a A-6 e a A-8 en Baamonte a partir do luns

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable iniciará a partir deste luns, 5 de...

Volve a auga a Lugo logo da avaría da zona das Gándaras

O Concello de Lugo comunicou a recuperación do servizo de abastecemento de auga que...