InicioSociedadeAsaltan a nave dun dos empresarios que negocia o convenio do metal...

Asaltan a nave dun dos empresarios que negocia o convenio do metal de Lugo

Seguen as manifestacións dos traballadores lugueses do metal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A nave de Recambios Frain no Ceao, en Lugo, centrou as protestas de manifestantes que este mércores secundaban a folga do sector do metal na provincia. Os exteriores destas instalacións foron escenario de varios forcexos, lanzamento de petardos e acabaron con dous cristais da porta principal rotos. O dono da empresa, Francisco Dorado, que forma parte da mesa de negociación para actualizar o convenio, asegura que “quixeron romper a porta” e que “baixaron a luz, o limitador, que está fóra”, de modo que “deixaron sen funcionar” a alarma e os computadores.

En declaracións a Europa Press, Dorado, con case 300 traballadores en total ao seu cargo, denuncia que estes feitos lle están “prexudicando moito” a el pero tamén a profesionais agrícolas que estes días teñen que recibir maquinaria para o campo. Subliña tamén que “eles –polos traballadores do metal– teñen dereito á folga” pero os seus empregados téñeno “a traballar”. “Eu non obriguei a ninguén a vir. Teño 80 traballadores nesa nave e apareceron todos menos dúas”, afirma.

Tras o piquete informativo protagonizado polos profesionais desde primeira hora da xornada de paro, o propietario de Frain decidiu pechar ao redor das 12,30 horas, cando deu comezo unha manifestación polas rúas do polígono. Asegura que, despois, unha vez clausurado o centro de traballo, volveron deixala sen luz.

ÚLTIMAS

Scania busca persoal para o taller que abrirá no Polígono das Gándaras

Scania chega ao Polígono As Gándaras, lugar no que poñerá en marcha un novo...

Cortes ata o 4 de decembro na calzada esquerda da A-6 sentido Madrid por melloras

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable continúa coa execución das obras de rehabilitación estrutural...

Falece un cazador de 55 anos en Cospeito tras ser picado por velutinas

Un home de 55 anos de idade que responde as iniciais J.I.P. faleceu a...

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...