InicioPolíticaCandia presenta un programa de 140 medidas "consensuadas" cos lucenses para o...

Candia presenta un programa de 140 medidas “consensuadas” cos lucenses para o 28M

A candidata do PP á Alcaldía de Lugo, Elena Candia, destacou os compromisos cos lucenses "sexa cal for a súa idade", para todos atopen no programa algunha "medida atractiva".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A candidata do PP á Alcaldía de Lugo, Elena Candia, presentou este luns o programa co que concorre ás eleccións municipais do 28 de maio, integrado por 140 medidas “consensuadas cos lucenses” e que está “aberto” a novas propostas cidadás.

Nun acto no que contou co apoio da secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, a candidata do PP puxo en valor a “implicación, colaboración e xenerosidade” dos cidadáns para enriquecer o seu modelo de municipio. “Sen ese diálogo activo que iniciamos hai meses con veciños e veciñas, con colectivos sociais, con empresas e con todas as forzas vivas, nunca chegariamos a ser os primeiros en difundir o noso programa electoral”, proclamou.

Elena Candia explicou que a súa proposta está estruturada ao redor de 13 áreas, que se corresponden co tres alicerces da que será a súa acción de goberno: “un Lugo para as persoas” (conciliación, benestar e ‘valor sénior’), “un concello máis seguro” (tráfico e seguridade) e “un municipio que asuma o seu rol de motor da provincia (cultura, rural, economía e emprego, infraestruturas, concello próximo, urbanismo, Universidade e deporte).

De entre todas as medidas, a candidata destacou os compromisos cos lucenses “sexa cal for a súa idade”, para todos atopen no programa algunha “medida atractiva”.

MEDIDAS “PARA TODOS”

Así, destacou unha programación cultural e deportiva “de calidade”, ou a creación de novas infraestruturas para os máis novos; o proxecto Retorna Lugo para recuperar e reter talento de profesionais que saíron da cidade; o programa Alumiñar para atención de menores no seu domicilio enfocada especialmente a familias monoparentais; ou a eliminación de listas de espera no Servizo de Axuda non Fogar, que ampliará a súa carteira de servizos.

Elena Candia tamén prometeu, entre outras medidas, crear dúas novas delegacións da Policía Local, ou un novo sistema de aparcadoiro rotatorio en zonas comerciais (gratuíto as dúas primeiras horas). A candidata á Alcaldía apelou á “certeza” e a “seguridade” das súas propostas, e subliñou que é necesario “recuperar o pulso” do Concello.

Finalmente, apuntou que o programa é un documento “vivo e aberto” á participación, antes e despois do 28 de maio, polo que animou aos veciños a exporlle as súas propostas para lograr un concello “sustentable e para todas as persoas”.

ÚLTIMAS

Reabre o viaduto do Castro dous anos e medio despois do derrube

Galicia e Castela e León volven estar unidas pola A-6 dous anos e medio...

Detida unha parella na Ronda das Fontiñas por agredir aos policías que os identificaron tras un accidente

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home e unha muller como presuntos autores...

Luz verde aos 22 millóns de euros do Plan Deputación 2025

O Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres, no seu Pleno ordinario, as bases...

Deteñen a unha muller de 71 anos por introducir droga no cárcere de Monterroso

A Garda Civil de Lugo detivo a unha muller de 71 anos acusada dun delito de tráfico de...