InicioSociedadeA construción da nova estación intermodal de Lugo, un paso máis preto...

A construción da nova estación intermodal de Lugo, un paso máis preto da realidade

As obras terán un prazo de 16 meses e serán compatibles coa explotación ferroviaria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Consello de Ministros autorizou este mércores ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) a licitar, a través de Adif, a construción da nova estación intermodal de Lugo, por un valor de 21,6 millóns de euros (IVE non incluído) e un prazo de 16 meses. Nun comunicado, o ministerio explica que as obras previstas en comprenden o novo edificio de viaxeiros, un novo paso baixo vías, a adecuación de plataformas e construción de marquesiñas, a demolición do edificio de Correos anexo á actual estación de ferrocarril e a urbanización da contorna urbana.

A actuación forma parte dos acordos alcanzados no convenio asinado o 17 de marzo por parte de Mitma, a través de Adif, a Xunta e o Concello de Lugo para o desenvolvemento da nova área de transporte intermodal de Lugo e a súa contorna urbana.. O novo edificio de viaxeiros integrarase na praza intermodal que conectará as estacións de ferrocarril e autobús. A execución dos traballos de construción será compatible coa explotación ferroviaria.

Coa autorización por parte do Consello de Ministros, Adif poderá financiar a totalidade do investimento destinado ao novo edificio de viaxeiros e o paso inferior entre plataformas, o 60% do paso urbano peonil, a urbanización da contorna inmediata da actuación e a remodelación do viario e accesos rodados e o 62,5% do aparcadoiro subterráneo baixo a nova estación de autobuses. Ademais, Adif asume a titularidade, conservación e mantemento tanto do novo edificio de viaxeiros como do aparcadoiro subterráneo e a súa explotación.

Pola súa banda, a Xunta asumirá o 100% da nova estación de autobuses e o 37,5% do novo aparcadoiro subterráneo e o Concello de Lugo financiará o 40% das actuacións de trama urbana: paso inferior, urbanización da contorna e remodelación do viario e accesos rodados. A actuación poderá ser cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2021-2027.

VALORACIÓN DE LARA MÉNDEZ

Nun comunicado remitido aos medios tras coñecerse a noticia, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asegurou que se trata de “un día importante para Lugo”, no que a cidade recibe con “moita satisfacción esta autorización que resulta transcendental”.

Méndez destacou que suporá “un avance fundamental” para que a alta velocidade chegue ao municipio e tamén unha “moi boa noticia” para os barrios de Paradai e Sacro Corazón, tendo en conta que a obra inclúe a creación dun paso de cidade. “Un acceso cómodo e seguro que permitirá romper co illamento que supón para estas dúas zonas da cidade, desde hai moitos anos, a presenza da vía do ferrocarril.

ÚLTIMAS

Restablecida a circulación ferroviaria entre Monforte e Lugo tras unha rotura “intencionada” da catenaria

A circulación ferroviaria entre Monforte de Lemos e a parroquia de Laxosa, no Corgo...

Renfe establece un plan alternativo por estrada entre Monforte de Lemos e Lugo pola rotura da catenaria

A circulación ferroviaria entre Monforte de Lemos e a parroquia de Laxosa, no concello...

Lugo inicia os trámites para abrir o novo comedor escolar de Fingoi II tras o anuncio da Xunta

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Educación, Iria...

Lugo promocionará en FITUR a súa rede museística coa campaña ‘Lugo é o match’

O Concello de Lugo participará de novo na Feira Internacional de Turismo (FITUR), que...