InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo asina a acta de reformulo para a demolición...

O Concello de Lugo asina a acta de reformulo para a demolición na parcela do Garañón

A alcaldesa Lara Méndez sinalou que é un paso para "poder seguir avanzando con firmeza na determinación adoptada de que estes terreos sexan un pulmón verde para a capital" lucense.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo accedeu este venres á parcela que ocupa o Garañón para asinar a acta de reformulo dos traballos de demolición, de maneira que se inicia o prazo de 120 días que a empresa adxudicataria ten para levar a cabo o derrube do inmoble.

Segundo trasladou o Concello nun comunicado, a alcaldesa, Lara Méndez e o edil de Sustentabilidade Urbana, Álvaro Santos, formalizaron este trámite “co que se entende, comeza a verdadeira conta atrás para a desaparición definitiva da construción”.

Méndez sinalou que é un paso para “poder seguir avanzando con firmeza na determinación adoptada de que estes terreos sexan un pulmón verde para a capital” lucense.

A mandataria lucense indicou que “o primeiro paso será a realización dunha serie de labores previos”, entre os que figura un levantamento topográfico que permitirá á empresa organizar e planificar as tarefas, sempre en condicións de seguridade para o ámbito no que se está actuando.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...