InicioSociedadeConcello de Lugo defende o labor da Casa da Muller e sinala...

Concello de Lugo defende o labor da Casa da Muller e sinala que “non se descoida a atención ás vítimas”

Deste xeito, o Concello lucense lembrou que se trata dunha competencia de titularidade autonómica "coa que a Administración local coopera conforme ás necesidades sociais que se detectan".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo sinalou este mércores que “é unha das poucas localidades cunha unidade de actuación específica de atención á muller”, en referencia á Casa da Muller, e insistiu en que “en ningún caso, descóidase a atención ás vítimas”

Deste xeito, o Concello lucense lembrou que se trata dunha competencia de titularidade autonómica “coa que a Administración local coopera conforme ás necesidades sociais que se detectan”. Nun comunicado, recalcou que este servizo municipal “conta actualmente con nove efectivos”, nos que se inclúen “as traballadoras dos pisos de acollida”, así como as súas baixas e vacacións, que e cobren en función da dispoñibilidade do persoal que existe nas listas”.

O Concello tamén apuntou que “se traballa na cobertura definitiva da praza de psicólogo”, cuxo concurso “se prevé convocar en breve”. Así, puntualizou que as funcións de atención psicolóxica que exercía o psicólogo “están a manterse e son prioritarias”.

Así mesmo, subliñou que “en ningún caso, descóidase a atención ás vítimas”, xa que esta “atópase protocolizada” e “tanto Policía Local como Nacional coñecen cal é o operativo a seguir a partir das 22,00 horas”, cando termina a atención presencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...