InicioSociedadeAbre o prazo do programa 'Actívate', que promove o turismo activo, deportivo...

Abre o prazo do programa ‘Actívate’, que promove o turismo activo, deportivo e de aventura dos concellos de Lugo

Os interesados xa poden anotarse a través da páxina web para participar no tres primeiras actividades, que comezan este fin de semana.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo abriu este luns o prazo de inscrición nas actividades gratuítas da terceira edición do programa ‘Actívate’, unha iniciativa que busca promover o turismo activo, deportivo e de aventura nos concellos da provincia.

Tal como informou a institución provincial, os interesados xa poden anotarse a través da páxina web para participar no tres primeiras actividades, que comezan este fin de semana.

En concreto, a programación arrincará este 15 de abril nos municipios de Guitiriz e Chantada, cunha ruta BTT e kaiak polo río, respectivamente. O domingo 16, os participantes poderán elixir entre surf ou kaiak para realizar unha ruta polo Sil, en Monforte de Lemos. As inscricións para as próximas actividades abriranse todos os venres ás 08,00 horas, cunha semana de antelación ao día de celebración de cada proposta.

Nesta terceira edición, o programa ‘Actívate’ chegará a 18 concellos da provincia durante os fins de semana de abril e de maio. En total, haberá 300 prazas dispoñibles, entre 15 e 20 por actividade, e ofertaranse propostas para todos os públicos.

APERTURA DA SEDE DE AGALURE

Por outra banda, a deputada de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento da Deputación, Ana González Abelleira, asistiu este luns á inauguración da sede en Lugo da Asociación Galega de Ludómanos en Rehabilitación (Agalure), onde valorou que este centro permitirá unha atención máis próxima para as persoas que padecen este tipo de trastorno.

Ela reivindicou que estas instalacións permitirán que os usuarios xa non se teñan que desprazar á Coruña, subliñando que esta viaxe, “por custo económico e temporal, supuña que moitos afectados tivesen problemas para acceder á asistencia que necesitan”.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...