InicioSociedadeDenuncian unha nova agresión a unha funcionaria na prisión de Bonxe

Denuncian unha nova agresión a unha funcionaria na prisión de Bonxe

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Asociación Profesional de Funcionarios de Prisións (APFP) denunciou unha nova agresión na prisión de Bonxe. Segundo trasladou nunha nota de prensa, neste caso foi unha funcionaria a que, na mañá deste luns, foi agredida por unha interna recentemente chegada ao centro.

Tal e como relata a Asociación, esta interna, no momento de ser cacheada, “mostrou un estado moi agresivo”. “Comeza unha retahíla de insultos de todo tipo contra a funcionaria e cando é requirida pola compañeira para que cese na súa actitude hostil, no canto de moderarse, lánzase a por ela, agarrándoa polo pelo e zarandeándoa, repetidas veces, non parando de ameazala mentres o fai”, detalla.

Ante esta situación, explica, outros funcionarios colaboraron para illar á interna no departamento de Mulleres do centro, onde os servizos médicos “administráronlle un tranquilizante para lograr acougala” A Asociación afirmou que as lesións da funcionaria “non revisten gravidade” e desexoulle unha “pronta recuperación, máis psíquica que física”.

Así, condenou “outra agresión a un compañeiro”, tras as producidas “o 20 de febreiro e o 10 de marzo”. Por iso, lembrou que as prisións de Bonxe e Monterroso “son catalogadas como tipo C”, polo que “os internos non deberían ser conflitivos” e esta interna procedía do cárcere da Lama, “catalogada como tipo A”.

ÚLTIMAS

Sindicatos sanitarios da área de Lugo piden á Xerencia que aplique a xornada de 35 horas en Atención Primaria

O comité de centros de atención primaria da área sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte de...

Apoio do alcalde de Lugo aos veciños contrarios á construción dun edificio en Paradai

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurou que o Goberno local non apoiará o...

Besteiro pon como exemplo de “fixar poboación no rural” ao Concello de Pol

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, visitou este mércores o municipio...

O alcalde de Lugo di ter o “compromiso” de Renfe para melloras nos servizos ferroviarios

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, fixo un balance positivo da reunión mantida este...