InicioMedioambiente e PatrimonioControlados os incendios de Baleira e Viveiro e estabilizado o de Alfoz

Controlados os incendios de Baleira e Viveiro e estabilizado o de Alfoz

A chuvia e o aminoramento do vento axudan a controlar a situación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os incendios forestais declarados nos municipios lucenses de Baleira e Viveiro quedaron controlados nas últimas horas, segundo trasladou a Consellería do Medio Rural, e suman case 1.500 hectáreas calcinadas.

En concreto, o lume de Baleira, o primeiro gran incendio forestal do ano, atópase controlado desde as 05,45 horas deste venres. Segundo as últimas estimacións, as chamas queimaron 1.400 hectáreas.A Xunta afirmou que este lume comezou na tarde do martes na parroquia de Cubilledo supostamente por unha queima descontrolada.

Ata o momento traballou na zona, onde foi necesario desaloxar a veciños de varias aldeas que xa puideron regresar ás súas casas, un dispositivo no que participaron cinco técnicos, 53 axentes, 75 brigadas, 37 motobombas, tres pas e medios aéreos.

Así mesmo, Medio Rural tamén deu por controlado ás 21,57 horas deste xoves o incendio de Viveiro, declarado na parroquia de Vieiro, que queimou 90 hectáreas, segundo as estimacións provisionais. Alí participaron no dispositivo dous técnicos, 14 axentes, 12 brigadas, seis motobombas e dúas pas.

Ademais, no último parte informativo, a Xunta sinalou que se mantén estabilizado desde a mañá deste xoves o lume de Alfoz, onde arderon 90 hectáreas na parroquia de Lagoa. Nas tarefas de control traballan un técnico, 17 axentes, 12 brigadas, seis motobombas, dúas pas e medios aéreos.

Por último, quedou extinguido o incendio forestal declarado na localidade pontevedresa de Agolada. O lume iniciouse ás 16,57 horas deste xoves e Medio Rural deuno por extinguido ás 03,20 horas. Na súa extinción participaron oito axentes, seis brigadas, catro motobombas, unha pa e medios aéreos. En total, o lume arrasou 30 hectáreas: 20 arboredos e 10 de monte raso.

ÚLTIMAS

PP de Lugo: “O proxecto industrial de Altri en Palas de Rei é clave para a provincia

O Partido Popular de Lugo asegurou que a Comisión Europea di que o procedemento de...

CSIF denuncia que a Policía Local de Lugo sofre de atrasos nos pagos de servizos extraordinarios

CSIF advertiu ao Concello de Lugo que "emprenderá" as medidas de presión que considere...

Comeza a rehabilitación do Muíño de Olga para ser un espazo de investigación dos recursos hídricos

O arranque das obras de rehabilitación no Muíño de Olga, en Lugo, iniciou a...

Sancionado por tirar botellas de cristal e ouriñar pola xanela durante unha festa no seu piso en Lugo

A Policía Local de Lugo investiga a un mozo veciño da cidade por tirar botellas...