InicioPolíticaO Concello de Lugo espera o informe "favorable" da Xunta sobre o...

O Concello de Lugo espera o informe “favorable” da Xunta sobre o derrube do Garañón

A rexedora Lara Méndez deu conta da liquidación do orzamento de 2022, que presentou un resultado positivo cunha "execución do 100%".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo espera que a Xunta de Galicia informe este venres de forma “favorable” en relación ao proxecto municipal para derrubar o edificio do Garañón.

Así o trasladou este xoves en declaracións aos medios a rexedora da cidade, a socialista Lara Méndez, quen explicou que este asunto figura na orde do día da Comisión de Patrimonio Histórico.

“Esperamos que sexa favorable e que, con este último informe podamos materializar o que vimos trasladando desde o Concello, que ten un obxectivo como é derrubar o garañón”, destacou.

DESTACA A “SOLVENCIA” DO CONSISTORIO

Por outra banda, tamén este xoves, a rexedora deu conta da liquidación do orzamento de 2022, que presentou un resultado positivo cunha “execución do 100%”.

Na súa intervención, destacou que a xestión realizada favoreceu conseguir un aforro superior ao cinco millóns de euros e sinalou que a suficiencia do remanente de tesouraría posibilitará sufragar as obras iniciadas sen solicitar préstamos.

Deste xeito, apuntou que o Goberno local mantén a débeda cero desde o ano 2017, pese ao esforzo económico realizado estes anos para atallar a vulnerabilidade social, apoiar ao tecido produtivo e crear novas infraestruturas que melloren a calidade de vida da cidadanía.

“Unhas contas, as de 2022, que se poden definir como saneadas e solventes e que certifican o que vimos defendendo desde o inicio do mandato, a liquidez da Administración local”, afirmou a rexedora.

Méndez, que compareceu acompañada pola tenente de alcaldesa e edil de Gobernación, Paula Alvarellos, e polo interventor municipal, Manuel Vázquez, debullou as conclusións máis significativas do informe de liquidación no que destaca un resultado orzamentario positivo.

“Non só finalizamos o ano con 5,5 millóns de euros (5.495.996 )máis de ingresos que de gastos, senón que tamén conseguimos un aforro neto de 5.060.368, o que apoia a nosa xestión e certifica que, a pesar dos esforzos económicos que se fixeron, temos capacidade suficiente para devolver débeda e continuar realizando investimentos”, afirmou.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...