InicioPolíticaO presidente da Deputación celebra a volta de Besteiro e empraza a...

O presidente da Deputación celebra a volta de Besteiro e empraza a Candia a pedirlle “desculpas”

Sinala que será Besteiro quen "diga en que terreo quere xogar", ante preguntas sobre se será o candidato do PSdeG á Xunta

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, celebrou a volta á política do que fose líder do PSdeG entre 2013 e 2016 José Ramón Gómez Besteiro tras superar 10 imputacións xudiciais, todas elas arquivadas, e emprazou á presidenta do PP de Lugo e candidata á alcaldía da cidade, Elena Candia, a pedirlle “desculpas”.

En declaracións aos medios, o tamén alcalde de Monforte asegurou que a volta de Besteiro suponlle unha “satisfacción persoal moi grande” e tamén “colectiva” no partido. “Porque o merece despois deste sete anos nos que lle fixeron pasar un mal intre con mentiras, con falsidades e con inventos”, sostivo Tomé.

Tras mostrarse convencido de que Besteiro desempeñará “un excelente labor” á fronte da Delegación do Goberno en Galicia, referiuse á presidenta do PP de Lugo, á que vinculou cos “anónimos” presentados no xulgado con denuncias contra o que fose secretario xeral do PSdeG.

Tras iso, emprazou á candidata popular á Alcaldía de Lugo a “ter a dignidade de pedir desculpas”. “E se non, o que ten que facer é irse da política, porque non vale todo”, afirmou para asegurar que “se pretende ser alcaldesa da cidade de Lugo, debe ter outras formas”.

Ademais, preguntado sobre se Besteiro será o candidato do PSdeG á Xunta, dixo que debe ser o futuro delegado do Goberno en Galicia quen “diga en que terreo de xogo quere xogar”. “Desde logo, para nós hoxe é un gran día, para o PSOE, para a provincia de Lugo e para Galicia”, celebrou.

Por último, explicou que tamén felicitou a José Miñones polo seu nomeamento como ministro de Sanidade e confiou en que fará “un labor excelente” como bo coñecedor dos problemas da sanidade. Neste punto, aproveitou para criticar o estado da sanidade galega. “Nunca tan mal estivo como neste momento, co Goberno do PP”, dixo Tomé, que atribuíu os problemas á xestión de Feijóo e Alfonso Rueda.

ÚLTIMAS

O Concello defende a seguridade das Festas do San Froilán pero anuncia cambios para futuras edicións

Membros da Corporación municipal, co alcalde á cabeza e acompañados polo deputado Efrén Castro,...

A CEG critica a ecoloxistas e partidos que “rexeitan sistemáticamente” novos proxectos como o de Grupo Lence en Lugo

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) lamentou o "rexeitamento sistemático" promovido, ao seu xuízo,...

Cólleno nun control mentres transportaba medicamentos prohibidos de uso sexual

A Garda Civil investiga a un home, de 55 anos e nacionalidade colombiana, como suposto autor...

Extinguido o incendio forestal e de Pantón que calcinou 31 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informou de que está estabilizado un incendio forestal rexistrado...