InicioPolíticaA Deputación investirá máis de 25 millóns de euros para obras, creación...

A Deputación investirá máis de 25 millóns de euros para obras, creación de emprego e axuda no fogar

Dentro do Plan Único, destinaranse case 150.000 euros para as campañas de promoción e a participación dos concellos en feiras turísticas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, anunciou que o o seu goberno elevará ao Pleno ordinario do próximo martes, o debate e aprobación da relación de actuacións e proxectos propostos polos 67 concellos da provincia no marco do Plan Único 2023, no que se prevé destinar máis de 25 millóns de euros a obras, creación de emprego e axuda no fogar.

O plan dará prioridade aos proxectos relacionados coa execución de obras e subministracións, xa que se prevé acometer un total de 330, ás que se lle dedicarán preto de 16 millóns de euros. Nesta liña, a partida para emprego ascende aos 3,7 millóns e con ela búscase a creación de 317 postos de traballo. Mentres, o Servizo de Axuda non Fogar(SAF) recibe 3,4 millóns de euros para atender a máis de 2.000 persoas.

Tomé destacou que “cada ano se melloran as condicións do Plan Único para que sexa máis útil”, xa que os concellos son “os que mellor detectan e coñecen as necesidades dos seus veciños”. Deste xeito, os concellos dispoñen de prazo máximo para executar as accións que contemplan no Plan Único ata o 31 de outubro de 2024.

OUTRAS ACTIVIDADES

Por outra banda, ao amparo do Plan Único, destinaranse case 150.000 euros para as campañas de promoción e a participación dos concellos en feiras turísticas, co obxectivo de dar a coñecer os seus principais reclamos patrimoniais.

Ademais, o investimento para a mellora da administración electrónica e de protección de datos, ascende a 227.358 euros. Así, en canto ao programa relativo a feiras, mercados e outros, nesta anualidade os municipios decidiron destinar preto de 200.000 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...