InicioCulturaO Arde Lucus Cultural contará con máis de 50 actividades

O Arde Lucus Cultural contará con máis de 50 actividades

Entre as novidades, a alcaldesa quixo destacar a recuperación do taller de creación dun 'flabellum' contra a calor

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Arde Lucus Cultural contará con máis de 50 actividades de inspiración romana e ‘castrexa’, deseñadas polo Concello de Lugo coa colaboración das 19 asociacións de recreación histórica da cidade, que servirán como antesala á celebración desta festividade declarada de Interese Turístico Internacional.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, avanzaba este venres que se trata dunha programación gratuíta, “moi completa e pensada para todos os públicos”.

Entre as novidades, a alcaldesa quixo destacar a recuperación do taller de creación dun ‘flabellum‘ contra a calor que realizará a asociación Kertix e tamén que levarán a cabo talleres, conferencias, microteatros e actividades de asistencia exclusiva para que o alumnado coñeza máis de preto esta festa.

Ademais, dentro da programación inclúese o ciclo de conferencias ‘Gallaecia: pasado común do Noroeste peninsular’ co obxectivo de dar a coñecer o pasado compartido de Galicia e Portugal, para “comprender mellor o presente”. Haberá conferenciantes de toda Galicia e Portugal, como Santiago Ferrer, Fermín Pérez Losada, Rubén Álvarez Asorey, Miguel Sopas de Melo Bandeira, entre outros.

Así mesmo, o Cohors III Lucensium levará a cabo diferentes relatorios no Vello Cárcere, que tratarán temáticas de arquitectura urbana, de medicamento, de arte e aparellos fluviais da conca do Miño, así como unha charla sobre a prostitución, o sexo e a vida multiemocional na antiga Roma, da man de Ana Castro, psicóloga sanitaria e sexóloga. Por outra banda, Senatus Lucus Augusti organizará un ciclo de conferencias sobre a historia de Lugo.

FESTA DA PRIMAVERA

Doutra banda, a Festa da Primavera terá lugar na Horta do Seminario. Alí, as asociacións Civitas Lucensis, Clan De Breogán, Lugdunum, Mercenarios Galaicos e Trebas Galaicas participarán con diferentes talleres en traballos en coiro, barro, cociña e cestaría, pero tamén prepararán unha representación das vodas celtas, das ofrendas e dos rituais inspirados nos antigos poboadores.

As xornadas contarán tamén con talleres de mosaicos, de confección, de elaboración de reloxos de sol, de hamatas, xogos romanos, unha yincana e unha exposición de hamatas da man das asociacións Salesiani Luci Augisti, Ara Roma, Asemblearias de LucusAugusti e Terra Corpora.

NATALICIO E PASEOS

Enmarcada nesta programación tamén está incluída a recreación do Natalicio no que participan as asociacións Ara Roma, Asemblearias De Lucus Augusti, Cohors III Lucensium, Garda Pretoriana, Kertix, Lucus Equites, Lucus Icenas Miliatore, Pax Romana, Salesiani Luci Augusti e Senatus De Lucus Augusti.,

Ademais, a cidade volverá acoller diferentes paseos con PauloFabio Máximo e Güidox da man de Senatus de Lucus Augusti e das Vestales de Lucus Augusti.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...