InicioSucesosSorprendido un home utilizando dispositivos de comunicación no exame teórico de conducir...

Sorprendido un home utilizando dispositivos de comunicación no exame teórico de conducir en Lugo

Os axentes investigan agora se outra persoa desde o exterior, tras ver as preguntas expostas, comunicáballe as respostas correctas a través do auricular.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home foi sorprendido este venres na realización das probas para a obtención do permiso de conducir na aula de exames da Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo, facendo uso dun dispositivo de intercomunicación non autorizado para que, de modo remoto, unha terceira persoa facilitáselle as respostas correctas.

Segundo indicou a Xefatura Provincial, a “actitude nerviosa” do home, con domicilio noutra Comunidade Autónoma, durante a proba infundió sospeitas nos axentes, que procederon á súa identificación.

Deste xeito, comprobaron que o aspirante tiña oculta na cremallera da cazadora un micro cámara conectada a un teléfono móbil, a través da que obtiña a imaxe das preguntas do exame. Así, tiña tamén un dispositivo de audio composto por un micro auricular conectado a un segundo móbil.

Os axentes investigan agora se outra persoa desde o exterior, tras ver as preguntas expostas, comunicáballe as respostas correctas a través do auricular.

Esta conduta está tipificada como infracción moi grave e leva unha sanción con multa de 500 euros, así como a imposibilidade de volver presentarse ás probas de obtención do permiso de condución no prazo de seis meses.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

Axentes da Garda Civil auxilian un neno de 2 anos con sintomas de atragoamento

Axentes da Comandancia da Garda Civil de Lugo auxiliaron o pasado martes a un...

Senadores galegos reclaman ao Goberno a rehablitación urxente da N-120

O Senado esixe ao Goberno de Sánchez unha actuación urxente e integral na N-120...