InicioSociedadeA Xunta aforrará un millón de Kw grazas ás obras no seu...

A Xunta aforrará un millón de Kw grazas ás obras no seu edificio administrativo en Lugo

En canto á planificación de comunidades enerxéticas, cubriranse os gastos de contratación dos servizos de asistencia así comola elaboración ou ampliación de estatutos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia da Xunta, Diego Calvo, supervisou este xoves as melloras de eficiencia enerxética no edificio administrativo do Goberno autonómico, no que se investiron 2,5 millóns e que permitirá o aforro dun millón de quilowatts anuais.

Deste xeito, tal e como informou a Xunta nun comunicado, Diego Calvo comprobou as actuacións de climatización e iluminación levadas a cabo neste edificio e que consistiron na substitución dos equipos de clima por tres novas bombas calor de 200 quilowatts de alta eficiencia enerxética, catro unidades climatizadas e de 239 emisores de frío ou calor.

Ademais, tamén se instalaron novos condutos para unha distribución do aire máis adecuada, proteccións solares, lámpadas fluorescentes por tubos LED e equipos de detección de movemento e niveis de iluminación.

Todo isto, permitirá un aforro de enerxía anual superior ao millón de quilowatts e unha redución nas emisións de carbono de 171,58 toneladas anuais.

NOVAS COMUNIDADES ENERXÉTICAS

Precisamente, este xoves, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou as bases da nova liña de axudas, composta por 600.000 euros, destinada á planificación de entidades locais e comunidades enerxéticas.

O obxectivo desta convocatoria, que abrirá o prazo de solicitude o 28 de marzo, é permitir reducir as facturas nesta materia, apoiar así aos concellos galegos, impulsar o asociacionismo dos axentes sociais en comunidades enerxéticas e a promoción de solucións locais que contribúan a un consumo responsable e sustentable.

Desta maneira, a intensidade das axudas dependerá do número de concellos agrupados na solicitude e irá do 30 ao 70%, cun 15% adicional se son de menos de 5000 habitantes ou fusionados, e dun 10% se son emprendedores. Será dun máximo de 15.000 euros por concello e, de 150.000, se son entidades locais que representen a varios municipios.

En canto á planificación de comunidades enerxéticas, cubriranse os gastos de contratación dos servizos de asistencia así comola elaboración ou ampliación de estatutos. Os solicitantes poderán escoller libremente as empresas que as asesoren.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...