InicioSociedadeMáis de 7.500 reservas para a tempada de catamaráns na Ribeira Sacra

Máis de 7.500 reservas para a tempada de catamaráns na Ribeira Sacra

As viaxes comezan o 1 de abril

PUBLICADA O

- Advertisement -

A tempada de catamaráns pola Ribeira Sacra da Deputación de Lugo empezou con máis de 7.500 prazas reservadas para as viaxes que darán comezo o día 1 de abril, tras abrirse a venda de billetes hai unha semana.

A institución provincial explicou nun comunicado que ofrece a ruta fluvial Canón do Sil, que parte do embarcadoiro da Deputación Ponte de Sil, en Monforte de Lemos, e a Ruta Fluvial de Cabo do Mundo, que sae de Belesar Pobo, no Saviñao. A viaxe polo Miño conta con preto de 1.200 reservas e as restantes faranse polo río Sil.

A deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, destacou “a forza coa que arrinca esta tempada” e sinalou que é “un reclamo de primeira orde para incentivar a actividade económica”.

García Porto insistiu en que deste xeito se apoia un turismo “sustentable, de calidade, de experiencias, que coida o patrimonio e que deixa valor no territorio”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...