Home Lugo e contorna Lugo Investigado un septuaxenario de Monterroso que circulou en dirección contraria pola A-54

Investigado un septuaxenario de Monterroso que circulou en dirección contraria pola A-54

0
Investigado un septuaxenario de Monterroso que circulou en dirección contraria pola A-54
Condutor que se dirixía sentido Madrid, en dirección contraria, pola A-6 e foi interceptado pola Garda Civil / GARDA C IVIL DE LUGO

A Garda civil investiga a un septuaxenario veciño de Monterroso (Lugo) pola suposta comisión dun delito de condución temeraria tras circular en dirección contraria á altura do punto quilométrico 13 da A-54.

Os feitos remóntanse ao 27 de xaneiro, cando varias chamadas alertaron de que na vía había un vehículo que circulaba en sentido Nadela, pero utilizando a estrada reservada para ir cara a Santiago de Compostela. Todo iso despois de efectuar un xiro de 180 graos en plena calzada, “pondo en perigo polo menos a catro vehículos, cuxos condutores se viron obrigados a efectuar manobras evasivas ao obxecto de evitar a colisión”, segundo explica a Benemérita nun comunicado.

A pesar de que varias patrullas trataron de localizar o turismo, ese día as xestións foron infrutuosas. Con todo, iniciouse unha investigación e, grazas á colaboración cidadá, púidose identificar o condutor, que resultou ser un veciño de Monterroso de 70 anos de idade.

+ posts