InicioSucesosUn octoxenario nega coñecer ás dúas menores ás que supostamente agrediu sexualmente

Un octoxenario nega coñecer ás dúas menores ás que supostamente agrediu sexualmente

A fiscalía pide 19 anos de prisión polos feitos, que se produciron entre 2015 e 2018

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un octoxenario de Lugo, veciño do barrio de Montirón, negou este xoves coñecer ás dúas menores ás que supostamente agrediría sexualmente. O home, R.A.S. de 81 anos, asegurou, no xuízo que arrincou na sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo: “Non as coñezo de nada. Non falei nunca con elas”, indicou ante os maxistrados.

A fiscalía pide 19 anos de prisión, 15 por unha agresión sexual continuada a unha das menores e catro anos por abusos sexuais a outra menor. Os feitos producíronse entre os anos 2015 e 2018.

Durante a vista, o home tamén negou ir ao parque, próximo ao seu domicilio, onde captaría ás nenas para logo trasladalas á súa vivenda. “Nunca subín menores á casa”, engadiu.

Antes de entrar en sala, o avogado do octoxenario, Luís Trigo, xustificou que ía pedir a libre absolución do home porque “sempre mantivo que non houbo ningún tipo de actividade impropia de cara ás nenas”.

No xuízo está previsto que declaren as dúas vítimas a porta pechada. A Fiscalía mantén que unha das menores sofre un “trastorno con problemas de autoestima”.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...