InicioPolíticaConcello e hostaleiros celebran a "alta participación" no entroido

Concello e hostaleiros celebran a “alta participación” no entroido

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo e os hostaleiros da cidade fixeron un balance “moi positivo” das festas de entroido na capital luguesa, onde se produciu unha “alta participación”. A análise foi compartido este mércores pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o presidente da Asociación Provincial de Hostalaría, Cheché Real.

“Desde o venres, xa co pregón, houbo moita participación, o sábado co desfile infantil, e sobre todo, ver como nas distintas parroquias séguese fomentando esta tradición tan arraigada en Galicia e en Lugo tamén”, enxalzou a rexedora.

“Teño que facer un balance positivo deste entroido e animar a todo o mundo a que siga participando no día de hoxe de todas estas actividades” celebrou.

Por parte dos hostaleiros, Cheché Real resaltou que estes entroidos foron “moi animados, sobre todo a nivel de disfraces, e sobre todo que seguimos coa mesma tónica en hostalaría en canto ao consumo”.

“En principio non hai ningún dato desfavorable que nos faga pensar que vai haber algún tipo de parón, que é o que pensabamos que ía acontecer e non está a pasar. Son datas sinaladas no calendario da hostalaría”, apuntou.

En canto á ocupación hoteleira, Real significou que “non son unhas datas como para que veña xente de fóra, é máis ben un turismo interior ou de proximidade”.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...