InicioCulturaLugo Capital da Cultura do Eixo Atlántico estrea nova web con información...

Lugo Capital da Cultura do Eixo Atlántico estrea nova web con información actualizada sobre a cita

A programación contempla máis de 30 programas diferentes durante este 2023 e máis dun centenar de actividades referentes a todas as disciplinas culturais e artísticas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo, Capital da Cultura do Eixo Atlántico, estrea nova web: https://www.lugocapitaldacultura.com/ A través desta páxina, os cidadáns e cidadás poderán atopar información actualizada sobre as actividades e eventos que acollerá o municipio, de febreiro a novembro, con motivo desta cita transfronteiriza.

A programación contempla máis de 30 programas diferentes durante este 2023 e máis dun centenar de actividades referentes a todas as disciplinas culturais e artísticas, e en todas elas se mesturará o talento lucense, do resto de Galicia e do norte de Portugal. Así mesmo, inclúe actividades de nova creación, xunto con outras xa consolidadas na cidade como o Arde Lvcvs, o San Froilán ou o Caudal Fest.

Nesta páxina tamén se atopa dispoñible información sobre os grandes eventos que se celebran na cidade; os seus tres Patrimonios da Humanidade; os museos e centros culturais de Lugo; así como información sobre outros lugares de interese no municipio e diferentes rutas de sendeirismo.

+ posts

ÚLTIMAS

A rotura dunha tubaxe de gas na intermodal de Lugo deixa sen subministración a 1.200 clientes

A rotura dunha tubaxe de gas por parte dunha escavadora que traballa na obra...

Daveiga, a empresa lucense que festexa o ‘Día das Letras Galegas’ cos traballadores

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de...

O PP de Lugo acusa ao goberno provincial de “non ter estratexia turística”

“O goberno provincial de PSOE e BNG non ten estratexia turística para a provincia”,...

II Festa do Centenario de Rábade para o 31 de maio

O Concello de Rábade celebrará o próximo 31 de maio a II Festa do...