InicioSucesosAs familias das vítimas do crime do Ceao din que o único...

As familias das vítimas do crime do Ceao din que o único acusado “mentiu” e mostrou “contradicións”

Un dos toxicómanos que supostamente incriminou ao único acusado do dobre crime do Cash Record do Ceao viu que na cociña do bar do acusado "había varias pistolas".

PUBLICADA O

- Advertisement -

As familias das vítimas do dobre crime do Cash Record de Lugo aseguraron que o único acusado “mentiu” na súa declaración xudicial na Audiencia este luns, así como que caeu en “contradicións”.

“Non recordaba nada, el non foi, que el non coñecía a ninguén, non dixo a nada que si e todo foi que non. Total, ao final non dixo nada”, dixo, antes de iniciar a segunda sesión do xuízo, Avelina Díaz, a cuñada dunha das vítimas, Esteban Carballedo, que afirmou que o procesado “mentiu en todo”. Díaz afeou ademais ao acusado que quixese responder as preguntas en sala “co gorro e a máscara” para esconder o seu rostro.

A irmá da outra vítima, a caixeira Elena López, tamén atribuíu ás acusado “mentiras”, algo que, dixo, “sempre foi a súa dinámica”.

En canto á avogada da acusación, Carmen Balfagón, lamentou que o acusado non quixese “contestar” as preguntas desta parte, aínda que está “no seu completo dereito”. Con todo, subliñou que aprecian “contradicións” nesa declaración, “aínda que xa se verá na fase de conclusións”.

Así mesmo, da declaración de testemuñas, sinalou que “moitos deles non lembraban as cousas”. “É o hándicap deste xuízo, porque é un xuízo que se está vendo 29 anos despois”, engadiu.

ARMAS NO BAR DO PRESUNTO AUTOR

Un dos toxicómanos que supostamente incriminou ao único acusado do dobre crime do Cash Record do Ceao, ocorrido hai case 30 anos, declarou este martes que coñecía ao acusado porque compraba heroína no seu bar, onde viu que “na cociña había varias pistolas en maletíns negros”.

Na segunda xornada do xuízo na Audiencia provincial de Lugo, esta testemuña apuntou que o seu cuñado — xa falecido — contoulle que o acusado, M.J.V.C., “ofrecéralle participar no atraco ao Cash Marca”, pero que el nunca recibira tal ofrecemento. Así, insistiu en que “non lle deu máis detalles” e que o seu cuñado “llas apuntaba todas”.

Nesta liña, destacou que o acusado e el “levaban como o can e o gato” e que “tan só ía ao bar a por heroína”. Ademais, sobre as armas, indicou que o seu cuñado, o acusado e el foron probalas a un escampado en Rábade, mentres el os acompañaba, e que logo “recolleron todos os casquillos”.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...