InicioSociedadeLugo, a segunda provincia española que máis certificados dixitais emite co plan...

Lugo, a segunda provincia española que máis certificados dixitais emite co plan ‘A administración preto de ti’

Esta iniciativa busca romper coa fenda dixital e "garantir o acceso aos servizos públicos á poboación do rural"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, asegurou que Lugo é a segunda provincia de toda España que máis certificados dixitais emite dentro do programa ‘A administración preto de ti’, o cal pretende facilitar os trámites administrativos aos habitantes dos pequenos municipios.

Fíxoo durante a súa visita este xoves ao municipio lucense de Láncara xunto á secretaria xeral de Coordinación Territorial do Ministerio, Miryam Álvarez.

Alí, participaron nunha “sesión de traballo” na que se presentou aos veciños da localidade o funcionamento dun proxecto co que prevén chegar a 240 municipios do territorio galego.

Miñones destacou a “efectividade” desta iniciativa na provincia de Lugo, a segunda do territorio nacional que máis certificados dixitais emite “grazas a este programa”. Ademais, avanzou que o plan continuará no catro provincias, xa que “quedou demostrada a necesidade deste servizo en Galicia”.

O delegado do Goberno remarcou que esta “iniciativa innovadora” forma parte do compromiso do Executivo de Sánchez de romper coa fenda dixital e “garantir o acceso aos servizos públicos á poboación do rural”.

Por outra banda, Miryam Álvarez, mostrouse contenta pola “receptividade dos veciños” nos territorios que percorreu para explicar este servizo durante os últimos meses. “É un programa necesario para garantir a cohesión territorial e social que impulsa este Goberno”, asegurou.

Álvarez lembrou tamén a recente incorporación dos servizos da Seguridade Social e o Servizo Estatal Público de Emprego (SEPE) a un plan que ten como obxectivo “informar, formar e axudar” ás persoas de municipios de menor poboación con respecto aos servizos que prestan.

BALANCE EN GALICIA

Segundo os datos facilitados pola Delegación do Goberno, coa sesión celebrada este xoves en Láncara, este plan da Administración central xa se completou en 146 municipios de Galicia: 45 na provincia de Ourense; 29 na Coruña; 51 en Lugo e 21 en Pontevedra, con sesións nas que se tramitaron máis de 1.700 certificados dixitais de distinto tipo.

O Goberno estima que “durante as próximas semanas”, o persoal das subdelegacións se allegará a 93 localidades máis de Galicia, ata completar os 238 previstos no proxecto.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...